Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Técnicas de medida de ruído e lexislación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado O estudante debe desenvolver en grupo e presentar un informe final de dous traballos que se exporán ao longo da materia:
1. Procedemento de medida para ruído ambiental exterior e medidas conforme o procedemento deseñado
2. Dimensionado dun proxecto de illamento conforme á lexislación vixente (CTE-DB HR, opción simplificada).
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias B2, B5, B7, B8, C75, C78, C79.
Prácticas de laboratorio Desenvolvemento de prácticas en grupo sobre técnicas de medida de:
1. Caracterización e avaliación de molestia de ruído. Mostraxe espacial e temporal.
2. Medición de ruído ao paso de vehículos.
3. Medida de illamento acústico en edificios.
4. Suposto de incerteza das medidas realizadas nas sesión práctica 3.
5. Estimación de incertezas polo método de Monte Carlo.
Software empregado: Excel, Matlab/Python
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias B2, B5, B7, B8, C78, C79.
Estudo previo Estudo indiviual de material previo para a comprensión das clases magistrales e preparación de proxectos.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias B2, B5, B8, C75, C78, C79.
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos da materia, fomentando a discusión crítica dos conceptos.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias B2, B5, B7, B8, C75, C78, C79.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000