Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Dispositivos optoelectrónicos
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Dispositivos optoelectrónicos Código V05G306V01407
Titulación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Tecnoloxía electrónica
Coordinador/a
Moure Rodríguez, María José
Correo-e mjmoure@uvigo.es
Profesorado
Cao Paz, Ana María
Moure Rodríguez, María José
Web http://moovi.uvigo.gal
Descrición xeral Esta materia céntrase nas propiedades optoelectrónicas dos semicondutores e a súa aplicación en dispositivos electrónicos para a detección, emisión, amplificación e conversión de sinais ópticas/eléctricas. Estes dispositivos inclúen os díodos emisores de luz, fotodíodos, fototransistores e células solares. Os contidos desta materia e as actividades de laboratorio cobren os aspectos operativos básicos, as consideracións de deseño, os circuítos de excitación e as aplicacións dos dispositivos optoelectrónicos. Despois de cursar esta materia, o estudante será capaz de aplicar os conceptos dos dispositivos optoelectrónicos ao deseño de sensores e de sistemas de comunicacións baseados en fibra óptica. Dedícase especial atención a entender as follas de características dos compoñentes optoelectrónicos e a súa aplicación a diferentes tecnoloxías. Finalmente tamén se introducen as tecnoloxías de circuítos integrados ópticos, visualizadores e sensores de imaxe.

Materia do programa English Friendly. Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ó profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés. Ademáis, toda a documentación da materia está redactada en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000