Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Deseño de aplicacións con microcontroladores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Resolución de exercicios de programación en linguaxe C. Avalíanse as competencias C58 e C59 (CE58 e CE59). 20 C58
C59
Aprendizaxe baseado en proxectos O alumnado desenvolverá o proxecto en dúas partes (cada unha terá un peso dun 25%). Na primeira traballarase con periféricos básicos.
Na segunda traballarase con periféricos complexos. En ambas partes o profesorado valorará o traballo individual durante as horas presenciais e na segunda o alumnado terá que entregar ademais unha memoria. Avalíanse as competencias C58 e C59 (CE58 e CE59).
50 C58
C59
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba de teoría, realizada na aula ó final do cuadrimestre. Avalíase a competencia C58 (CE58). 30 C58
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

Oportunidade ordinaria:

A materia avalíase de forma continua, mediante unha proba que trata os aspectos teóricos,  a elaboración dun proxecto e a resolución de exercicios de programación en linguaxe C. A docencia impártese en castelán e en galego. O enunciado das probas será en castelán.

A proba teórica realízase no período de exames no horario establecido pola Escola. Requírese obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 e ten un peso do 30% no total da materia.

A presentación e o seguimento do proxecto realízase nas sesións tipo B e C. Na primeira parte do proxecto (que terá un peso do 25% da nota final) o alumnado traballa con periféricos básicos e avalíase valorando as tarefas desenvolvidas no laboratorio. Na segunda (25 % da nota final), trabállase con periféricos máis avanzados e avalíase baseándose na memoria que o alumnado entrega ó finalizar a materia (40%) e na valoración por parte do profesorado do traballo individual desenvolvido (60%).

Despois de que un alumno/a se presenta ás tres primeiras prácticas (tipo B ou C) transcorrido o primeiro mes desde o comenzo das clases considérase que opta pola opción de avaliación
continua e, a partires dese momento, constará como presentado na
convocatoria.

Os exercicios de programación en linguaxe C serán propostos e correxidos en sesións de tipo A. O peso sobre a nota final é dun 20%.

Para aprobar a materia é necesario superar unha cualificación do 50% da máxima nota da proba teórica, dos exercicios e do proxecto, e obter unha cualificación global (CG) mínima de 5 sobre 10. A cualificación global obtense mediante a fórmula:

CG = 0,3*CT +  0,5*CP + 0,2*CE    (1)

CT = nota de teoría, CP = nota do proxecto (sumando a aportación das dúas partes), CE = nota dos exercicios.

No caso de non superar algunha das actividades, a cualificación (CG2) obtense mediante a fórmula:

CG2= Mínimo{4.9, CG}

Donde CG obtense de aplicar a fórmula (1).

Oportunidade Extraordinaria: ten o mesmo formato ca primeira oportunidade, o alumnado debe repetir a/as partes que teña suspensas: examen, proxecto e exercicios.

AVALIACIÓN GLOBAL E CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:

O alumnado que non participe na avaliación continua, avalliaranse mediante un exame final, que será o mesmo que terán que superar os alumnos/as de avaliación continua.

A avaliación da parte práctica da materia realízase mediante un exame de prácticas no laboratorio, durante o período dos exames finais. A duración do exame será de 2 horas. O exame presentará exercicios de programción en linguaxe ensamblador e linguaxe C. O peso da cualificación do exame de prácticas sobre a cualificación global é do 70%.

Para aprobar a materia é necesario superar unha cualificación do 50% do máximo de cada proba.

Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación CG de polo menos 5, na seguinte fórmula:

CG = 0,3*CT + 0,7*CP  (2)

CT = nota do exame de teoría, CT = nota do exame de prácticas.

No caso de non superar algunha das probas, a cualificación (CG2) obtense mediante a fórmula:

CG2= Mínimo{4.9, CG}

Donde CG obtense de aplicar a fórmula (2)

NOTA IMPORTANTE:

O/a estudante que queira optar pola avaliaición global debe solicitalo de forma expresa, contactando co profesorado da materia mediante correo electrónico, con ó menos dúas semanas de antelación ó exame.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000