Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Novos servizos telemáticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo Consistirá na presentación de dúas prácticas-proxectos usando os conceptos presentados na materia.
Terá lugar durante o desenvolvemento do curso. A nota de cada traballo será única para todos os membros do grupo.
35 B4
B9
C89
D4
Traballo Consistirá na presentación dun proxecto que leve a cabo unha solución de base telemática.
A entrega terá lugar ao final do curso. A nota de cada traballo será única para todos os membros do grupo.
25 B4
B9
C89
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento Versará sobre a totalidade dos contidos.

Terá lugar a finais do curso
40 B4
B9
C89
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia pode aprobarse seguindo a modalidade de avaliación continua ou avaliación única.

Os alumnos que se presenten a algunha das probas de avaliación continua non poden ser avaliados como "Non presentado" e non poderán optar pola modalidade de avaliación global.

Avaliación continua

O peso e contido de cada unha das probas de avaliación continua son as seguintes:  

  1.- Traballo 1 (35%): Consistirá na presentación de 2 prácticas-proxecto  (especificado durante curso e baixo a forma de prácticas proxecto). Levarase a cabo nas sesións do laboratorio.

  2.- Traballo 2 (25%): Consistirá nunha presentación dun proxecto completo, no que se fará uso de modelos baseados en servizos telemáticos. Levarase a cabo na última sesión de laboratorio.

  3.- Exame de preguntas de desenvolvemento (40%): Abarcará todos os contidos do curso.

Os traballos 1 e 2 terán unha única nota para todos os membros do grupo. É obrigatorio obter en cada parte da avaliación continua un mínimo do 50% da valoración nos traballos 1 e 2. No examen de preguntas será preciso sacar un 40% da puntuación máxima.

  Avaliación global

    Consistirá nunha proba escrita na que todo o contido do curso poderá ser incluído. O alumno poderá alcanzar a nota de 10 con esta opción. Adicionalmente á proba escrita, os alumnos que se presenten a este exame final deberán  levar a cabo un proxecto análogo ao Traballo 2. Estes traballos deberán ser orixinais. 

 Oportunidade extraordinaria e Convocatoria fin de carrera

    Seguirán as mesmas consideracións que a avaliación global.

En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos

    

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000