Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Programación de sistemas intelixentes
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio O alumnado realizará unha práctica de laboratorio, onde se traballará cos conceptos estudados nas clases teóricas. 35 B3
B4
B9
D2
D3
Debate As discusións feitas ao longo das clases relacionadas con exposicions feitas previamente. 5 B3
B4
B9
C86
D2
D3
D4
Foros de discusión Interacción e respostas curtas feitas individualmente por estudantes dentro da plataforma Moovi para falar de temas relacionados coa asignatura. 5 B3
C86
D2
D3
D4
Traballo tutelado Avaliación dos traballos desenvolvidos: comprensión, madurez, relevancia e orixinalidade do traballo e interacción entre o grupo. 25 B3
B4
B9
C86
D2
D3
D4
Exame de preguntas obxectivas Tres test de avaliación sucesivos para o contido parcial da materia impartida ata ese momento. O test serán individuais e de tempo limitado. 30 B3
B4
C86
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os elementos que forman parte da avaliación da materia son os seguintes:

Cuestionarios: ao longo do curso realizaranse 3 cuestionarios que achegarán un 10% da nota final (cada un).

Práctica de laboratorio: o alumnado deberá realizar un conxunto de prácticas propostas no laboratorio que achegarán un 35% da nota final.

Traballo tutorizado en grupo: o alumnado deberá realizar un traballo en grupo sobre diversos temas propostos que achegará un 25% (20% traballo realizado e 5% presentación) da nota final, compartida por todos os membros do grupo. Non obstante, o profesorado fará un seguimento do traballo realizado por cada membro do grupo en tamén fará unha revisión por pares. No caso de que un estudiante participase de forma significativa en menor medida no traballo do grupo evaluarase de forma individual (ver nota*).

Participación en clase: os estudiantes participarán e discutirán sobre as exposiciones realizadas polo profesorado e esto contribuirá ata un 5% a nota final.

Participación no foro: os estudiantes deben participar no foro da asignatura, de forma individual, e esto contribuirá ata un 5% a nota final. Para obter dito porcentaxe débense proporcionar, como mínimo, dúas contribucions relevantes.

Así temos: Cuestionarios (3x10 = 30%) + Prácticas de lab. (35%) + Traballo en grupo (25%) + Discusions en clase (5%) + Foro (5%) = 100%.

Os estudiantes deben obter o menos 4 puntos sobre 10 na nota de cada un dos cuestionarios, as prácticas e o traballo en grupo para poder calcular a nota media final. Si calqueira das notas é inferior a 4, entón a notal final non poderá superar 4,9 puntos sobre 10 (suspenso).

A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grado (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuatrimestre.

En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación global (fin do cuadrimestre).

Avaliación continua: o estudante segue a avaliación continua desde o momento en que se presenta a dous cuestionarios da materia. O alumnado que opta pola avaliación continua considérase que se presentou á materia, independentemente de que se presente ou non a avaliación global.

Avaliación global: o alumnado deberá realizar un exame teórico que substitúe aos cuestionarios realizados ao longo do curso, ademais de entregar as prácticas e os traballos equivalentes aos que se realizaron como parte da avaliación continua.

Oportunidade extraordinaria: o alumnado deberá realizar a parte que non superase.

Avaliación fin de carreira: o alumnado deberá realizar un exame teórico que substitúe aos cuestionarios realizados ao longo do curso, ademais de entregar as prácticas e os traballos equivalentes aos que se realizaron como parte da avaliación continua.

A asignatura evaluarase en inglés, aunque os estudiantes teñen a posibilidade de interactuar en castelan co profesorado en todo momento.

Os traballos e tarefas prácticas propostas e realizadas neste curso non son recuperables e só son válidas para o curso actual.



*NOTA: Traballo Tutorizado en Grupo Multidisciplinar (Opcional)

Nesta asignatura, como parte de un proxecto de innovación docente da UVIGO, algúns estudiantes teñen a posibilidade de unirse a grupos multidisciplinares (GMD) que estarán formados por alumnos das tres materias seguintes: (1)Videoxogos: Deseño e desenvolvemento, 4º curso, Grao en Comunicación Audiovisual. (2)Tecnoloxía multimedia e Computer graphics, 4ºcurso, Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, módulo de Son e Imaxe. (3)Programación de sistemas intelixentes, 4º curso, Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, módulo de Telemática. A actividade está coordinada por o profesorado do Grupo de Innovación Docente: ComTecArt (Comunicación, Tecnoloxía e Arte en Contornas Virtuais).

As actividades e tarefas a realizar polos estudiantes desta asignatura no GMD estarán relacionadas co uso de técnicas de intelixencia artificial en videoxogos. Os estudiantes que se unan a estos traballos multidisciplinares non participarán no resto dos grupos C de esta asignatura. Ademáis, cada GMD só aceptará un estudiante de esta asignatura, polo que éste será evaluado de forma individual.

A participación nos GMD é opcional, e se hay más peticiones que plazas; enton os estudiantes serán ordenados y seleccionados de acordó coa nota global do grado, proporcionada pola Secretaría da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

Haberá sesións de traballo en grupo durante as mañás dos Mércores, alternándose entre os Campus de Vigo e Pontevedra. A Universidade proporcionará transporte gratuíto de ida e volta desde a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación ou a Facultade de Ciencias Sociais e a Comunicación, respectivamente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000