Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Circuítos de microondas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio Se realizarán de forma individual ou en grupos reducidos. Coa axuda de distintos equipos/compoñentes de medida de microondas, analizaranse distintos dispositivos/circuítos pasivos e activos de microondas en tecnoloxía microstrip. Definiranse e evaluarán diversas figuras de mérito e outras ferramentas que se utilizarán na caracterización experimental destes compoñentes.
Realizarase unha introdución aos analizadores lineales de redes. Describirase o seu uso e proceso de calibración.

Os estudantes terán en Moovi documentación de apoio.

Nestas prácticas se traballan as competencias: CG3, CG4, CG5, CG9, CE23, CE24, CE25, CT2, CT3 y CT4.
Prácticas con apoio das TIC Se realizarán de forma individual ou en parella. Software empregado: simulador comercial de ciruitos de microondas Advanced Design System.
Coa axuda dun simulador comercial de circuítos de microondas, analizaranse distintos compoñentes pasivos (redes de adaptación, filtros, acopladores, etc.) e activos (diodos e transistores), e circuítos amplificadores, de acordo co Capítulo 8 da materia. Definiranse e avaliarán diversas figuras de mérito e outras ferramentas que se utilizarán na análise destes compoñentes.
Tamén se completará a resolución de problemas, iniciada nas clases maxistrais.

O alumnado disporá en Moovi de documentación de apoio e ficheiros para o simulador de circuitos. Se indicará ao alumnado a forma de obter unha licencia do simulador para o seu PC, grazas ao convenio de UVIGO coa empresa proveedora, para que poida utilizalo no seu traballo presencial e non presencial.

Nestas prácticas trabállanse as competencias: CG3, CG5, CE23, CE24 e CE25.
Actividades introdutorias Proporcionarase ao alumnado apuntes con conceptos básicos, de materias previas, para a realización dunha actividade autónoma de repaso destes conceptos.
Lección maxistral Impartirase en aula coa axuda de pizarra e medios audiovisuais.
Describiranse en detalle e analizarán a maior parte dos conceptos contidos nos capítulos do programa da materia. Mostrarase a súa aplicación a través da resolución, durante a clase, de problemas, así como a través das clases prácticas (TIC e de laboratorio experimental).
O alumnado disporá en Moovi de documentación de apoio.

Con esta metodoloxía trabállanse as competencias: CG3, CG5, CG4, CE23, CE24 e CE25.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000