Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Tratamento de sinais multimedia
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Tratamento de sinais multimedia Código V05G306V01321
Titulación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 3 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Teoría do sinal e comunicacións
Coordinador/a
Cardenal López, Antonio José
Correo-e cardenal@gts.uvigo.es
Profesorado
Cardenal López, Antonio José
Web http://Moovi.uvigo.gal
Descrición xeral O tratamento de sinais multimedia é hoxe una parte fundamental dos modernos sistemas de información, comunicación, aprendizaxe, e lecer. Sentadas na materia de Procesamento Dixital do Sinal de segundo curso as bases matemáticas para a análise de sinais e sistemas xerais, esta materia prepara ao estudantado na análise de esquemas de procesamento de sinais deterministas e aleatorios como paso previo para a codificación, o procesamento e transmisión de información multimedia. En materias relacionadas tanto neste como no vindeiro curso, estes coñecementos aplicaranse a sinais e sistemas de voz, audio, imaxe e video.
Os obxectivos desta materia son:
- Analizar esquemas de procesamento dixital de sinais.
- Obter filtros dixitais de acordo a unhas especificacións de deseño.
- Analizar e especificar os parámetros fundamentais dos subsistemas de comunicacións desde o punto de vista do tratamento de sinais .
- Aplicar o filtrado estatístico na codificación, procesado e transmisión de información multimedia.
Para conseguir estes obxectivos, o curso estrutúrase en catro grandes temas: transformadas rápidas, fundamentos de procesamento estatístico de sinais, caracterización de filtros dixitais e cambios na taxa de mostreo.

Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000