Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Instrumentación electrónica e sensores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudantado sobre os contidos das prácticas de laboratorio da materia. Para iso, terase en conta o traballo de preparación previa, a asistencia e o traballo desenvolvido durante as sesións de prácticas. A nota final de prácticas (NFP) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. A avaliación das prácticas constará dunha parte común de avaliación do traballo realizado en grupo, cuxa cualificación será a mesma para cada compoñente, e dunha parte de avaliación individual de cada estudante, obtida a partir das tarefas de traballo previo e de cuestións personalizadas en cada unha das sesións. Nestas prácticas avaliaranse as competencias B3, B4, B5, C42, C46, D2 e D3 (DCG3, CG4, CG5, CE42, CE46, CT2 e CT3). 35 B3
B4
B5
C42
C46
D2
D3
Traballo tutelado Avaliarase o traballo tendo en conta a calidade dos resultados obtidos, da súa presentación e análise, así como da calidade da memoria final realizada. A nota do traballo tutelado (NTT) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. A avaliación deste traballo realizado en grupo será común a todos os membros do grupo, que obterán a mesma cualificación. Neste traballo avaliaranse as competencias B3, B4, B5, C42, C46, D2 e D3 (DCG3, CG4, CG5, CE42, CE46, CT2 e CT3). 15 B3
B4
B5
C42
C46
D2
D3
Exame de preguntas obxectivas Probas que se realizarán despois de cada grupo de temas expostos nas sesións maxistrais para avaliar os coñecementos adquiridos por cada estudante. A nota final de teoría (NFT) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nesta actividade avaliaranse as competencias B3, B4, B5, C42, C46, D2 e D3 (DCG3, CG4, CG5, CE42, CE46, CT2 e CT3). 50 B3
B4
B5
C42
C46
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Avaliación continua

Seguindo as directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica ofreceráselles ao estudantado que curse esta materia un sistema de avaliación continua.

Enténdese que o alumnado que asista ás dúas primeiras actividades avaliadas (prácticas ou probas) xusto despois dun mes desde o comenzo das clases opta pola avaliación continua da materia.

A materia divídese en tres partes: teoría (50 %), práctica (35 %) e traballo tutelado (15 %). As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico no que se realizan. A cualificación final dun/unha estudante que escolla esta vía non poderá ser 'non presentado'.

Calquera das actividades avaliables seguindo avaliación continua non é
recuperable, salvo que sexan debidamente xustificadas según os criterios
da normativa aprobada polo Claustro da Universidade o 18 de abril de
2023.

1.a
Teoría

Realizaranse 2 probas parciais de teoría (PT) debidamente programadas ao longo do curso. A primeira proba (PT1) realizarase en horario de teoría ao finalizar o tema 5. A segunda proba (PT2) realizarase o mesmo día ca o exame final que se celebrará na data que estableza a dirección da Escola.

Cada proba parcial constará dun exame teórico cunha serie de preguntas de tipo test e de desenvolvemento do temario. A nota de cada exame teórico valorarase de 0 a 10 puntos.

A nota final de teoría (NFT) será a media aritmética das notas das probas parciais:

NFT
= (PT1 + PT2)/2

Para superar a parte de teoría será necesario obter polo menos 5 puntos de 10 en cada PT.

1.b
Práctica

Realizaranse 7 sesións de prácticas de 2 horas en
grupos pequenos. A parte práctica cualificarase mediante a
avaliación continua de todas as prácticas. Cada práctica
valorarase cunha nota (NP) entre 0 e 10 puntos.

A nota final das prácticas (NFP) será
a media aritmética das notas das prácticas.

Para superar a parte de
prácticas será necesario obter unha nota NFP de polo
menos 5 puntos de 10, e o estudante só poderá faltar a 1 sesión (na que NP=0). Se isto non se cumpre NFP=0.

1.c
Traballo tutelado

Na primeira sesión de titoría en grupo (horas de tipo C)
presentaranse todas as actividades para realizar e asignaráselle o traballo
concreto a cada grupo de estudantes. A continuación, a meirande
parte do traballo do alumnado será non presencial. Os docentes seguirán
o desenvolvemento do traballo de cada grupo e o traballo individual
de cada estudante nas restantes sesións de titoría en grupo (horas de
tipo C). O prazo de entrega da memoria
final do traballo será debidamente programado e informado polo profesorado da materia.

Para superar esta parte, a nota do traballo tutelado (NTT) terá que ser de polo menos 5 puntos
de 10 e cada estudante non poderá faltar a máis de 1 sesión. Se isto non se cumpre NTT = 0.

2. Avaliación global

O alumnado que non opte pola avaliación continua poderá presentarse a un exame final que constará dunha serie de actividades avaliables similares ás que se recollen na avaliación continua. Así, nas datas establecidas pola dirección da escola para realizar o exame final, os estudantes que non optasen pola avaliación continua deberán realizar unha proba teórica, unha proba de prácticas e un traballo tutelado. Para presentarse á parte práctica e para a asignación do traballo tutelado cada estudante debe apuntarse previamente seguindo o procedemento indicado polo profesorado con suficiente antelación.

O exame teórico consistirá en dúas probas que constarán dunha serie de preguntas de tipo test e de desenvolvemento do temario. Cada proba (PT) valorarase de 0 a 10 puntos e a nota final de teoría (NFT) será a media aritmética das notas das probas parciais:

NFT = (PT1 + PT2)/2

Para avaliar a parte práctica teranse en conta os resultados obtidos na proba de prácticas realizada. Esta proba consistirá na implementación dalgúns dos circuítos tratados nas sesións de prácticas e nunha serie de preguntas de resposta curta ou de tipo test acerca dos devanditos circuítos. Esta proba práctica valorarase de 0 a 10 puntos e dita cualificación será a nota final de prácticas (NFP).

Tamén se deberá realizar un traballo tutelado e entregar unha memoria escrita del o día do exame final de teoría.

3. Nota final da materia

Para aprobar a materia será imprescindible superar as tres partes:

  • a parte de teoría: NFT >= 5 con PT1 >= 5 e PT2 >= 5
  • e a parte práctica: NFP >= 5
  • e a parte de traballo tutelado: NTT >= 5

Neste caso a nota final (NF) será a suma ponderada das notas de cada parte:

NF = 0,50·NFT + 0,35·NFP + 0,15·NTT

No caso de non superar algunha das tres partes, a cualificación final será:

NF = min( { 4,9; 0,50·NFT + 0,35·NFP + 0,15·NTT } )

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF >= 5.

4. Oportunidade extraordinaria e convocatoria fin de carreira

Estas convocatorias terán o mesmo formato ca a avaliación global: unha proba teórica, unha proba de prácticas, e un traballo tutelado. Celebrarase na data que estableza a dirección da Escola. Para presentarse á parte práctica e para a asignación do traballo tutelado o alumnado debe apuntarse previamente seguindo o procedemento indicado polo profesorado con suficiente antelación.

Na oportunidade extraordinaria, as notas das partes ás que non se presente o estudante serán as obtidas na oportunidade ordinaria do curso académico actual. Ademais, neste caso só poderá presentarse ás probas que non superou na oportunidade ordinaria.

O cálculo da nota final da materia realizarase tal e como se explica no apartado 3.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000