Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Instrumentación electrónica e sensores
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1. Introdución aos sensores. Formas de conversión da enerxía. Conceptos de sensor, transdutor e actuador. Características estáticas e dinámicas. Outras características. Clasificación de sensores. Criterios de selección.
Tema 2. Sensores resistivos de temperatura. Galgas extensométricas. Sensores resistivos de temperatura:
Características xerais. Tipos. Acondicionamento. Exemplos de aplicación.

Galgas extensométricas:
Principio de funcionamento. Características xerais. Modos de utilización. Acondicionamento. Exemplos de aplicación.
Tema 3. Fotorresistivos e optoelectrónicos. Outros sensores resistivos. Fotorresistivos e optoelectrónicos:
Principios físicos. Características xerais. Codificadores. Acondicionamento. Exemplos de aplicación.

Outros sensores resistivos:
Sensores de gases. Magnetorresistencias. Potenciométricos. Principio de funcionamento. Características xerais. Acondicionamento. Exemplos de aplicación.
Tema 4. Sensores capacitivos. Sensores indutivos e magnéticos. Sensores capacitivos:
Introdución. Principios de medida. Parámetros. Acondicionamento. Sensores de proximidade capacitivos. Exemplos de aplicación.

Sensores inductivos e magnéticos:
Introdución. Principio de funcionamento. Tipos de transformador variable. Parámetros. Acondicionamento. Sensores de efecto Hall. Exemplos de aplicación.
Tema 5. Termopares. Outros tipos de sensores. Termopares:
Principio de funcionamento. Tipos de termopares. Escalas de calibración. Acondicionamento. Exemplos de aplicación.

Outros tipos de sensores:
Piroeléctricos. Ultrasóns. Magnetoestritivos.
Tema 6. A instrumentación programable. Normas na instrumentación programable. A instrumentación programable. Normas na instrumentación programable. Conceptos xerais.
Práctica 1. Introdución a LabVIEW. Introdución a LabVIEW mediante exemplos de programación.
Práctica 2. Sensores de temperatura: termistor NTC. Acondicionamento e desenvolvemento dun instrumento virtual de medida (termómetro).
Práctica 3. Sensores optoelectrónicos: fotodiodo PIN. Análise da resposta espectral.
Práctica 4. Sensor capacitivo: acelerómetro. Análise e posprocesamento para desenvolver un instrumento virtual de medida de inclinación.
Práctica 5. Instrumentación programable I. Comprobación da resposta en frecuencia de dous circuítos RC sinxelos mediante o control programable da instrumentación do posto do laboratorio. O control programable realizarase a través dunha conexión USB entre o PC e cada instrumento.
Práctica 6. Instrumentación programable II. Desenvolver unha aplicación que verifique, mediante o control programable dalgúns dos instrumentos situados nun chasis VXI, se a resposta en frecuencia dun circuíto RC sinxelo se corresponde coa dun filtro paso baixo ou paso alto. O control programable de cada instrumento desde o PC realizarase a través dunha conexión LAN (Local Area Network) e utilizando unha pasarela (gateway) GPIB-Ethernet.
Grupos C: Traballo de documentación sobre temáticas de interés que non están incluídas nos contidos das partes teórico-prácticas da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000