Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Instrumentación electrónica e sensores
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Instrumentación electrónica e sensores Código V05G306V01316
Titulación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 3 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Tecnoloxía electrónica
Coordinador/a
Costas Pérez, Lucía
Correo-e lcostas@uvigo.es
Profesorado
Costas Pérez, Lucía
Pastoriza Santos, Vicente
Web http://moovi.uvigo.gal
Descrición xeral O propósito principal desta materia é formar ó estudante no deseño e na caracterización dos sistemas de instrumentación electrónica, e as diferentes alternativas de sensores que presentan sinais analóxicos e dixitais á entrada dos devanditos sistemas de instrumentación. Os contidos principais ordénanse da seguinte forma:
+ Análise dos principais parámetros que caracterizan o comportamento dos sensores.
+ Principios físicos fundamentais que interveñen na comprensión dos diversos tipos de sensores.
+ Aplicacións máis relevantes dos sensores nos diferentes ámbitos da instrumentación electrónica.
+ Arquitecturas da instrumentación electrónica, desde as configuracións máis sinxelas punto a punto, ata as máis complexas en grandes sistemas distribuídos, e introdúcense as normas internacionais.
+ Deseño da instrumentación programable, analizando os buses GPIB, VXI e PXI.
+ Clasificación de arquitecturas para a instrumentación electrónica en diferentes ámbitos de aplicación. Introdúcense as normas de buses de campo tanto cableados coma inarámicos.

A documentación desta materia estará en castelán. A materia impartirase en galego e en castelán. Avaliarase en castelán.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000