Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Electrónica analóxica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Os alumnos teñen que entregar unha memoria que corresponda ó traballo asignado. Unha soa memoria por grupo de dúas persoas que traballa nesta tarea. Ambas teñen a mesma calificación.

Nestes traballos avalíanse as competencias C42, C43 e C44 (CE42, CE43 e CE44).
10 C42
C43
C44
Exame de preguntas obxectivas Test.
Neste test avalíanse as competencias C42, C43 e C44 (CE42, CE43 e CE44).
30 C42
C43
C44
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios.
Nesta proba avalíanse as competencias C42, C43 e C44 (CE42, CE43 e CE44).
30 C42
C43
C44
Práctica de laboratorio Proba práctica única, de tarefas reais e/ou simuladas. Realízase no laboratorio. Está relacionada con as prácticas realizadas. Os alumnos deberán realizar montaxes reais ou simulados, e contestar a preguntas sobre eles.
Nesta proba avalíanse as competencias C42, C43 e C44 (CE42, CE43 e CE44).
30 C42
C43
C44
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

A materia avalíase de forma continua, mediante dúas probas parciais que tratan os aspectos teóricos, un exame único de prácticas de laboratorio e un traballo tutelado.

O primeiro parcial comprende os temas do un ó cinco. O segundo parcial comprende os temas do seis ó dez. O conxunto dos exames teóricos ten un peso do 60% no total da materia.

Os dous parciais serán realizados no horario de clase, e terán cada un unha duración aproximada de 90 minutos, dos que 30 corresponden a un test, e 60 corresponden ós exercicios.

Dentro de cada parcial, o test e a resolución de exercicios teñen o mesmo peso.

Para superar un exame parcial, sexa o primeiro ou o segundo, requírese obter unha puntuación de 5 puntos sobre 10.

Os alumnos que suspendan algún dos exames parciais deberán examinarse soamente do parcial suspenso no exame final, que é o mesmo para os alumnos que o fagan como recuperación da evaluación continua e para os alumnos que o fagan como evaluación global.

As prácticas do laboratorio avalíanse mediante un único exame de prácticas, realizado no laboratorio, con un peso na cualificación final do 30%.

O peso do traballo tutelado sobre a nota final na evaluación continua é de un 10%.

Para participar na avaliación continua será necesario presentarse ó primeiro parcial. A partires de ese momento o alumno queda presentado a convocatoria ***salvo no caso de renuncia do alumno/a á avaliación continua, paso para o cal nesta materia non se establece ningún prazo, aparte do establecido na normativa xeral: canto a esta materia, admítese a renuncia á avaliación continua en calquera momento.***

A cualificación obtida no exame único de prácticas, mantense para o exame de oportunidade extraordinaria, salvo que o alumno renuncie a mantelo. Neste caso o alumno realizará un exame completo para a oportunidade extraordinaria, con contidos de teoría e laboratorio.

Para aprobar a materia, una vez superados os parciais, é necesario obter unha cualificación global (CG) de alomenos 5 sobre 10. A cualificación global obtense mediante a fórmula seguinte se a nota de ambos parciais de teoría é polo menos un 5:

CG = 0,6 * CT + 0,3*CP + 0,1*CTT

CT = nota media dos parciais, se a nota de ambos é polo menos un 5. Se non é así, entón CT recórtase a 4,5 como máximo.

CP = nota de prácticas, CTT = nota do traballo tutelado.

Se o alumno non ten polo menos nota 5 en ambos parciais de teoría, o valor de CG é o mínimo entre 4,5 e 0,6*CT+0,3*CP+0,1*CTT.

O exame único de prácticas terá lugar no laboratorio, na data da última sesión de prácticas.

AVALIACIÓN GLOBAL:

Os alumnos que non participen na avaliación continua, serán avaliados por avaliación global, mediante un exame que constará de tres partes: unha primeira parte dos temas un ó cinco, unha segunda parte dos temas seis ó dez e una terceira parte de exame de prácticas no laboratorio.

Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación de alomenos 5 sobre 10 tanto na primeira como na segunda parte. Neste caso, a calificación global obtense da seguinte fórmula:

CG = 0,6 * CT + 0,4*CP

CT = nota media da primeira e segunda parte, CP = nota de prácticas.

No caso contrario, o alumno será calificado cunha puntuación de 4 puntos ou co valor de CG se este é menor de 4.

NOTA IMPORTANTE: INSCRIPCIÓN OBLIGATORIA.

Os alumnos que non participen no proceso de avaliación continua e desexen presentarse ó exame final, deben inscribirse obrigatoriamente para poder asistir, contactando cos profesores da materia, persoalmente ou mediante correo electrónico, con ó menos dúas semanas de antelación ó exame. Deste modo, facilítase a planificación dos grupos de exame no laboratorio.

OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA E CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:

Na oportunidade extraordinaria e na convocatoria fin de carreira, tanto a estructura do exame como as normas (cálculo da nota e inscripción obligatoria) son as mesmas que na avaliación global da oportunidade ordinaria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000