Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Arquitecturas e servizos telemáticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Cada grupo de traballo entregará unha parte preliminar do proxecto. A entrega constará do deseño, implementación e documentación. Despóis de cada entrega realizarase unha proba práctica sobre a parte implementada por cada un dos grupos. Esta proba será individual, incluindo modificacións do proxecto entregado. 15 B4
B6
C29
C32
D2
D3
Presentación Cada grupo de traballo xustificará nunha presentación a solución adoptada no seu proxecto e dará unha explicación sobre este. Realizaranse preguntas a cada membro do grupo de forma individual para comprobar a implicación de cada alumno no proxecto. 5 B4
D2
D3
Aprendizaxe baseado en proxectos Cada grupo de traballo entregará o proxecto final da materia. A entrega constará do deseño, implementación e documentación. Despóis de cada entrega realizarase unha proba práctica sobre a parte implementada por cada un dos grupos. Esta proba será individual, incluindo modificacións do proxecto entregado. 30 B4
B6
C29
C32
D2
D3
Exame de preguntas obxectivas Exame individual, realizado na data indicada pola Comisión Académica de Grao (CAG). O exame poderá incluir os seguintes tipos de preguntas: resolución de problemas, cuestións breves para resolver aplicando os conceptos teóricos explicados na clase, xustificar razonadamente se unha ou varias afirmacións son verdadeiras ou falsas, pequenos tests sobre aspectos teóricos e de aplicación. Non se permite a utilización de apuntamentos, libros nin coleccións de problemas. O número e a combinación das devanditas preguntas fixarase para cada exame en particular. 15 B3
C29
C32
Exame de preguntas obxectivas Exame individual, realizado na data indicada no calendario oficial de exames. O exame poderá incluir os seguintes tipos de preguntas: resolución de problemas, cuestións breves para resolver aplicando os conceptos teóricos explicados na clase, xustificar razonadamente se unha ou varias afirmacións son verdadeiras ou falsas, pequenos tests sobre aspectos teóricos e de aplicación. Non se permite a utilización de apuntamentos, libros nin coleccións de problemas. O número e a combinación das devanditas preguntas fixarase para cada exame en particular. 35 B3
C29
C32
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes poden decidir ser avaliados en oportunidade ordinaria segundo un modelo de avaliación continua ou ben por avaliación global. Todo os estudantes que se apunten nun grupo da parte práctica están optando pola avaliación continua. En caso de elexir avaliación continua ofrécese un período de 1 mes a partires de ese momento para poder renunciar a ela. Unha vez que os estudantes opten polo modelo de avaliación continua a súa cualificación nonpoderá ser nunca "Non presentado".

A cualificación total da materia será a suma das cualificacións obtidas na parte teórica e práctica da mesma: parte teórica (50%) + parte práctica (50%).

Para superar a materia requirese unha cualificación total maior ou igual ao 50%, cunha cualificación mínima de cada unha das partes (teórica e práctica) do 15% (en caso de non cumprirse este mínimo en cada unha das partes, a cualificación global nunca será maior do 40%).

  • Parte teórica:
    1. Modelo de avaliación continua: Exame EC1 (15%) + Exame EC2 (35%).
    2. Modelo de avaliación global: Exame Final (50%).
  • Parte práctica:
  1. Modelo de avaliación continua: Entrega parcial do proxecto (15%) + presentación (5%) + proxecto: deseño e implementación final (30%). A cualificación será individual. As prácticas son obrigatorias.
  2. Modelo de avaliación global: Entrega do proxecto (50%).

En oportunidade extraordinaria e convocatoria fin de carreira os estudantes serán avaliados utilizando amodalidade de "avaliación global" (coas posibles modificacións do proxecto que se especifiquen no seu momento).

A planificación das diferentes probas de avaliación continua aprobaranse nunha Comisión Académica de Grao (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre. O exame EC2 e o exame Final terán lugar na data publicada no calendario oficial para o exame da materia.

Se se detecta plaxio en calquera das probas de avaliación, a cualificaciónfinal da materia será de "suspenso (0)", feito que se lle comunicará ádirección da escola para adoptar as medidas oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000