Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Redes de ordenadores
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición das ideas, conceptos, técnicas e algoritmos de cada unha das unidades temáticas do curso. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias D2, D3, B3, B4, C11, C17, C18 e C19.
Resolución de problemas Resolución na aula por parte do profesor de problemas e exercicios relacionados cos contidos impartidos nas leccións maxistrais. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias B3, B4, C11, C17, C18 e C19.
Prácticas de laboratorio Prácticas de laboratorio de redes, empregando diversas ferramentas e utilidades de rede (GNS3, WireShark, ping, traceroute, dig, etc.) para reforzar os contidos impartidos nas leccións maxistrais. Software empregado: GNS3, WireShark, Java. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias B1, B9, C17 e C19
Resolución de problemas de forma autónoma Realización e entrega na plataforma MooVi, con periodicidade máis ou menos semanal, de pequenas tarefas ou problemas a realizar antes ou despois das clases prácticas, ou probas de autoavaliación. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias B4, B6, B9, C11, C17, C18, C19, D2, D3, D4
Prácticas con apoio das TIC Trátase de desenvolver pequenos programas de rede de xeito autónomo e individual. Haberá varias sesións presenciais para explicar os conceptos de programación relacionados (sockets, utilidades de rede), e tamén para resolver dúbidas co profesor, e probar e depurar os programas no laboratorio onde serán avaliados. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias B1, B6, B9, C11, C17 e C19.
Gamificación No aula virtual usarase un sistema de gamificación que emprega puntos de actividade, mecánicas e elementos de gamificación para fomentar a realización das actividades online puntuables e participar de maneira significativa en foros de axuda, dudas e discusións. Isto permitirá ao alumno obter recompensas para poder empregar nos exames ou na avaliación continua.

Os foros de discusión serán a vía preferida para a atención non presencial ás dúbidas relativas aos contidos da materia. A gamificación fomentará a axuda entre compañeiros e a resolución colaborativa de dúbidas nos foros. Ademais de contribuír ao incremento da motivación, con esta metodoloxía traballaranse tamén as competencias B9, D3 e D4
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000