Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Fundamentos de son e imaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Realizadas na plataforma Moovi. 20 B3
C48
C49
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito de avaliación, con preguntas breves e problemas sobre a temática de son 25 B3
C48
C49
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito de avaliación, con preguntas breves e problemas sobre a temática de imaxe 25 B3
C48
C49
Traballo Traballo tutelado relacionado cos contidos das prácticas 30 B3
B5
C13
C48
C49
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
En caso de detección de plaxio en calquera das probas (probas cortas, exámes parciais, exame final, memorias de prácticas), a calificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do centro para os efectos oportunos. 

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua (EC) e avaliación global (EG).

O calendario de probas de avaliación intermedia será aprobado pola CAG (COMISIÓN ACADÉMICA DO GRAO) e publicarse ao comezo do cuadrimestre no que se imparta a materia.

AVALIACIÓN CONTINUA

A avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación nesta guía e non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode realizalas na data estipulada o profesorado non ten obrigación de repetilas. As tarefas evaluables serán válidas tan só para o curso académico no que se realicen. A entrega das prácticas non e obligatoria. As prácticas non entregadas evaluaranse con 0 puntos.

Enténdese que o alumno opta pola avaliación continua unha vez firme o documento de compromiso que se lle ofrecerá despois do primeiro mes, de forma que se poida comezar o traballo nos grupos correspondentes. Unha vez asinado, entenderase que o alumno presentouse á convocatoria e asignaráselle a cualificación que resulte da aplicación do criterio que se detalla a continuación con independencia de que se presente ou non ao exame final.

Tipos e valoración de probas:

1. Entrega de dous proxectos en grupo tutelados e relacionados coa materia de prácticas (peso 30%). A nota individual dos traballos en grupo determinarase mediante avaliación cruzada e entrevista personal

2. Resolución de tests ou preguntas curtas relacionadas coa materia de prácticas (Peso: 20%): desenvólvense ao longo do curso na plataforma Moovi.

3. Proba 1: proba escrita final da parte de son (de desenvolvemento, Peso: 25%): realízase aproximadamente a metade de cuatrimestre.

4. Proba 2: proba escrita final da parte de imaxe (de desenvolvemento, Peso: 25%): coincide coa data do exame final da asignatura.

Co obxecto de garantir que os alumnos adquiren un mínimo, máis ou menos equilibrado, das competencias da materia, para aprobar será necesario cumprir estas condicións:


Obter un mínimo de 3.5 na Proba 1.
Obter un mínimo de 3.5 na Proba 2.
Obter un promedio de máis de 5 nas Probas 1 e 2
Obter un promedio de máis de 5 nos proxectos de grupo tutelados


En caso de non cumprir todas as condicións, a nota final (nunha escala de 0 a 10) será o mínimo entre a nota global obtida e o valor 4.9.

Para participar na Avaliación Continua esíxese un 80% de asistencia a grupo A e B. En caso de incumprimento o alumno será availado na opción de Avaliación Global.


Calquera alumno pode ser chamado en calquera momento polos profesores para revision do traballo realizado ata a data nos traballos ou proxectos en marcha.


AVALIACIÓN GLOBAL

Se o alumno non asina o acordo de compromiso será availado a través dun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos e incluirá como contidos posibles toda a materia. 

Co obxecto de garantir que os alumnos adquiren un mínimo, máis ou menos equilibrado, das competencias da materia,  para aprobar será necesario cumprir estas dúas condicións:

1) obter unha nota global igual ou superior a un 5 (nunha escala de 0 a 10)

2) Obter un mínimo de 4/10 ptos nas preguntas relacionadas coa actividade en grupo B

No caso de non cumprir todas as condicións, a nota final (nunha escala de 0 a 10) será o mínimo entre a nota global obtida e o valor 4.9

Oportunidade extraordinaria:

⇒ O alumno que fose avaliado por Avaliación Continua na oportunidade ordinaria pode optar entre dúas posibilidades o mesmo día do exame:
  1. Realizar de novo as Probas 1 e 2 na data oficial asignada polo Centro e ser avaliado segundo o estipulado para o sistema de Avaliación Continua. 
  2. Ser avaliado cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos. Inclúe todos os temas da materia. Aplícanse os criterios da Avaliación Única. Non se valora ningunha outra actividade realizada.

⇒ O alumno que NON fose avaliado por Avaliación Continua:

Será avaliado cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos. Inclúe todos os temas da materia. Aplícanse os criterios da Avaliación Única. Non se valora ningunha outra actividade realizada.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:

En convocatoria fin de carreira procederase de forma análoga ao caso dos estudantes que non seguiran o proceso de avaliación continua. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000