Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Transmisión electromagnética
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas nun tempo e condicións establecidos polo profesorado, aplicando os coñecementos que adquiriu. 100 B3
B4
C9
C13
Autoavaliación Probas online empregando a plataforma de teledocencia. 0 B3
B4
B5
C9
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación global ao final do cuadrimestre.

Avaliación continua

A avaliación continua comprende dous tipos de tarefas: tarefas de autoavaliación empregando a plataforma de teledocencia e tarefas de resolución de problemas con peso na nota final:

  • T1: Problemas de decibeis (5%).
  • T2: Problemas de liñas de transmisión (40%).
  • T3: Problemas de guías de ondas e fibra óptica (15%).
  • T4: Problemas de transmisión por radio (40%).

A planificación das probas T2, T3 e T4 aprobarase nunha Comisión Académica de Grao (CAG) e estará dispoñible a comezos do cuadrimestre. A planificación das restantes probas de avaliación continua indicarase ao comezo do curso. Todas estas tarefas non son recuperables, é dicir, se non se realizan no prazo estipulado, o equipo docente non ten a obriga de repetilas e só terán validez para o curso académico no que se realicen.

Débese elexir o sistema de avaliación no momento da entrega da segunda proba de resolución de problemas (T2). Non presentarse a esta proba implica que se opta pola avaliación global.

Para superar a materia por este sistema de avaliación é imprescindible superar todas as probas de autoavaliación e obter o 30% da nota máxima de cada unha das probas de avaliación (T1 a T4). De non cumprirse algunha destas condicións, a cualificación oficial nunca será superior a 4,5.

Avaliación global

No lugar do sistema de avaliación continua descrito anteriormente, pódese optar por realizar un único exame final de resolución de problemas.

Oportunidade extraordinaria

Consistirán nun único exame de resolución de problemas.

Se na primeira oportunidade se escolleu o sistema de avaliación continua e superáronse todas as tarefas de autoavaliación, poderanse conservar as nota das tarefas de T1 a T4 que se houberan aprobado e presentarse ás restantes.

Convocatoria fin de carreira

Consistirá nun único exame de resolución de problemas.

Copia

En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Para superar a materia é necesario obter polo menos o 50% da nota total en calquera dos sistemas de avaliación e convocatorias.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000