Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Física: Fundamentos de electrónica
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1: Introdución Sistemas electrónicos. O proceso de deseño. Circuítos integrados.
Tema 2: Diodos e circuítos con diodos Características do diodo. Diodos zener. Análise da liña de carga. Modelo ideal do diodo. Circuítos con diodos (rectificadores, recortadores, reguladores de tensión). Conceptos básicos sobre semiconductores. Física do diodo de unión. Efectos capacitivos. Diodos LED, láser e fotodiodos.
Tema 3: Principios básicos de amplificación Consideracións xenerais: ganancia de tensión, corrente e potencia. O amplificador ideal. Modelos de amplificadores reais. Limitacións prácticas. Introdución á resposta en frecuencia.
Tema 4: Transistores bipolares Funcionamento do transistor bipolar npn. Análise da liña de carga dun amplificador en emisor común. O transistor bipolar pnp. Modelos de circuítos en gran sinal. Análise de circuítos con bipolares en gran sinal. Fototransistor e optoacopladores.
Tema 5: Análise de amplificadores con transistores bipolares Circuítos equivalentes de pequena sinal do transistor bipolar. Análise a frecuencias medias: amplificador en emisor común, en colector común, en base común e en emisor común con resistencia de emisor.
Tema 6: Transistores de efecto campo Transistor NMOS. Análise de liña de carga dun amplificador NMOS simplificado. Circuítos de polarización. Transistores JFET, MOSFET de deplexión e dispositivos de canle p.
Tema 7: Análise de amplificadores con transistores de efecto campo Circuítos equivalentes de pequena sinal. Análise a frecuencias medias: fonte común e drenador común.
Tema 8: Circuítos lóxicos dixitais Circuítos lóxicos dixitais. Conceptos básicos. Especificacións eléctricas das portas lóxicas. O inversor CMOS. Portas NOR e NAND CMOS.
Práctica 1: Introdución á simulación Simulación de circuitos electrónicos con OrCAD.
Práctica 2: Instrumentación I Utilización da fonte de tensión, xerador de funcións e multímetro.
Práctica 3: Instrumentación II Utilización do osciloscopio dixital.
Práctica 4: Simulación de circuitos con diodos Simulación de circuitos con diodos utilizando OrCAD.
Práctica 5: Montaxe de circuitos con diodos Montaxe en placa de prototipos de circuitos con diodos e comprobación do seu funcionamento utilizando a instrumentación de laboratorio.
Práctica 6: Simulación de circuitos con transistores bipolares Simulación de circuitos con transistores bipolares utilizando OrCAD.
Práctica 7: Montaxe de circuitos con transistores bipolares Montaxe en placa de prototipos de circuitos con transistores bipolares e comprobación do seu funcionamento utilizando a instrumentación de laboratorio.
Práctica 8: Simulación de circuitos con transistores de efecto campo Simulación de circuitos con transistores de efecto campo utilizando OrCAD.
Práctica 9: Montaxe de circuitos con transistores de efecto campo Montaxe en placa de prototipos de circuitos con transistores de efecto campo e comprobación do seu funcionamento utilizando a instrumentación de laboratorio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000