Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación - Docencia en inglés
 Materias
  Física: Fundamentos de electrónica
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2019_20
Materia Física: Fundamentos de electrónica Código V05G306V01201
Titulacion
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación - Docencia en inglés
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 FB 2 1c
Lingua impartición
#EnglishFriendly
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Tecnoloxía electrónica
Coordinador/a
Domínguez Gómez, Miguel Ángel
Raña García, Herminio José
Correo-e hrana@uvigo.es
mdgomez@uvigo.es
Profesorado
Domínguez Gómez, Miguel Ángel
Raña García, Herminio José
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral O propósito principal desta materia é proporcionar ao estudante as bases para a comprensión e dominio dos principios de funcionamento dos dispositivos e circuítos electrónicos. Comézase cunha breve introdución á Electrónica con obxecto de proporcionar aos estudantes unha visión global. A continuación impártense conceptos básicos sobre os dispositivos e circuítos electrónicos fundamentais:
· Diodos e circuítos con diodos, incluíndo conceptos como liña de carga, diodos ideais, rectificadores, conformadores de onda, circuítos lóxicos, reguladores de tensión e física de dispositivos.
· Características dos transistores bipolares, análise de liña de carga, modelos de gran sinal, polarización, amplificación e circuitos equivalentes en pequena sinal.
· Estudo similar ao anterior dos FET, destacando os MOSFET.
· Comprobación de deseños dos circuítos estudados utilizando SPICE. Montaxe e verificación utilizando instrumentación electrónica de laboratorio.
· Conceptos básicos sobre circuítos lóxicos dixitais.

Por outra banda, no marco da materia ten lugar o primeiro contacto do alumno co laboratorio de electrónica. Por iso, o obxectivo fundamental da parte práctica da materia é que o alumno adquira as bases para un correcto manexo dos instrumentos máis habituais nos laboratorios de electrónica. O alumno, ao finalizar a materia, debe coñecer e saber manexar correctamente os instrumentos de laboratorio, debe distinguir e caracterizar os diferentes compoñentes, e ter habilidades prácticas na montaxe e medida. Ademais iniciarase aos alumnos na simulación de circuítos, con obxecto de introducilos cara ao deseño asistido por ordenador.
Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000