Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Programación II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC É o primeiro entregable de prácticas (en diante, E1). A corrección realizarase no laboratorio, no momento que solicite o alumnado. Será posible arreglar os erros identificados e reintentar a corrección, cunha posible penalización, ata unha data límite (mediados de abril aproximadamente). O código correspondente ao E1 entregarase en MOOVI, para avaliar posibles plaxios. 10 B6
B14
C50
C51
C52
C53
Prácticas con apoio das TIC É o segundo entregable de prácticas (en diante, E2). A corrección realizarase no laboratorio, no momento que solicite o alumnado. Será posible arreglar os erros identificados e reintentar a corrección, cunha posible penalización, ata a data máis tardía que permita a normativa de avaliación da Universidade de Vigo e a organización da materia (notificarase no seu momento). O código correspondente ao E2 entregarase en MOOVI, para avaliar posibles plaxios. 15 B6
B14
C50
C51
C52
C53
Prácticas con apoio das TIC É o terceiro entregable de prácticas (en diante, E3). Entregarase en Moovi e será corrixido polo profesorado fóra de clase. 25 B6
B14
C50
C51
C52
C53
Exame de preguntas de desenvolvemento O alumnado realizará, individualmente e sen ningún tipo de material de apoio, un exame de teoría ao termo do cuadrimestre sobre a totalidade dos contidos presentados na materia. A nota máxima desta proba será 3 puntos (sobre 5) en avaliación continua, e 5 puntos en avaliación única. 30 C50
C51
C53
Exame de preguntas de desenvolvemento O alumnado realizará, individualmente e sen ningún tipo de material de apoio, un exame de teoría a metade do cuadrimestre (a data exacta aprobarase na CAG e publicarase na páxina da Escola) sobre os contidos que se explicaron ata a semana anterior á proba. Esta proba só será realizada en avaliación continua cunha cualificación máxima de 2 puntos (sobre 5). 20 C50
C51
C53
Exame de preguntas de desenvolvemento Esta proba será realizada polo estudantado que opte por avaliación continua e entregue E3. Ademais, o exame práctico será obrigatorio na avaliación global da oportunidade ordinaria, na extraordinaria e na convocatoria fin de carreira. 0 C50
C51
C53
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous mecanismos de avaliación, avaliación continua (AC) e avaliación global (AG), rexidos polas seguintes condicións:

  • A modalidade de avaliación elixida (AC ou AG) será única e, por tanto, aplicable tanto á teoría como ás prácticas.
  • A AC inclúe as probas descritas no apartado anterior: dous puntuables de teoría, os entregables E1, E2 e E3, e un exame práctico (en caso de presentar E3).  
  • O alumnado confirmará a modalidade de avaliación definitiva a través da entrega das prácticas, en función do prazo (de AC ou AG) ao que se acolla. Dita modalidade de avaliación será a que se aplicará tamén na parte de teoría: no caso de que un/unha estudante opte finalmente por AG, a nota do primeiro puntuable de teoría, de ser o caso, quedaría anulada. 
  • Con independencia da modalidade elixida, as prácticas realizaranse sempre individualmente.
  • Establécese unha nota mínima de 2 puntos (sobre 5) tanto en teoría como en prácticas para poder aprobar a materia.
  • Se a nota resultante de sumar as cualificacións de teoría e prácticas é igual ou maior que 5 puntos pero o/a estudante non alcanza a nota mínima esixida nalgunha delas, a súa cualificación final será suspenso (4.5).  
  • Se o alumnado se presenta a algunha das probas de avaliación da materia non poderá figurar na acta como "non presentado". 
  • As probas de AC só se levarán a cabo nas datas estipuladas polo equipo docente, non podendo repetirse máis tarde.
  • En caso de plaxio, asignarase a nota suspenso (0) e este feito será notificado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Procedemento de avaliación na oportunidade ordinaria para o alumnado que opte por AC:

  • Parte teórica (50%): A nota desta parte resulta de sumar as cualificacións dos dous puntuables de teoría descritos anteriormente (a metade e a final de cuadrimestre), cuxas cualificacións máximas son 2 e 3 puntos, respectivamente. 
  • Parte práctica (50%): A nota desta parte depende das cualificacións obtidas nos entregables E1, E2 e E3 (ata 5 puntos en total). Os alumnos que entreguen E3 deberán realizar ademais un exame práctico: en caso de non superalo (non apto), a nota de E3 será 0 puntos. 

O estudantado que non aprobe a materia na oportunidade ordinaria, poderá conservar a cualificación obtida tanto en teoría como en prácticas para a oportunidade extraordinaria, sempre que alcanzase a nota mínima esixida na parte que desexen gardar (2 puntos sobre 5, en ambos os casos).

Procedemento de avaliación na oportunidade ordinaria para o alumnado que opte por AG:

  • Parte teórica (50%): A nota desta parte corresponde ao exame final realizado na data aprobada pola Xunta de Escola, sobre un máximo de 5 puntos.
  • Parte práctica (50%): A nota desta parte depende das cualificacións obtidas nos entregables E1, E2 e E3 (ata 5 puntos en total) e do resultado do exame práctico. Os entregables poderán ser idénticos aos esixidos en AC ou incluír modificacións nas funcionalidades para desenvolver. Entregaranse a través de Moovi e serán avaliados polo profesorado fóra de clase. O alumnado deberá superar un exame práctico no que se esixirá unha modificación de E2 ó E3 (segundo o que entregase): en caso de non superalo (non apto), a nota do entregable correspondente será 0 puntos. 

Procedemento de avaliación na oportunidade extraordinaria e na convocatoria fin de carreira:

  • Parte teórica (50%). A nota desta parte corresponde ao exame final na data que aprobará a Xunta de Escola, sobre un máximo de 5 puntos.
  • Parte práctica (50%). Entregaranse os correspondentes E1, E2 e E3 a través da plataforma Moovi e será necesario superar un exame práctico. As funcionalidades esixidas poderán ser as mesmas que na oportunidade ordinaria ou incluír modificacións que serán publicadas coa debida antelación. Dado que non existe a modalidade de AC, as condicións de avaliación son idénticas ás descritas no apartado de AG da oportunidade ordinaria. 












Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000