Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación - Docencia en inglés
 Materias
  Programación II
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2019_20
Materia Programación II Código V05G306V01110
Titulacion
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación - Docencia en inglés
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OB 1 2c
Lingua impartición
#EnglishFriendly
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría telemática
Coordinador/a
Fernández Iglesias, Manuel José
Blanco Fernández, Yolanda
Correo-e yolanda@det.uvigo.es
manolo@uvigo.es
Profesorado
Blanco Fernández, Yolanda
Costa Montenegro, Enrique
Fernández Iglesias, Manuel José
Web http://www.faitic.es
Descrición xeral O obxectivo xeral da materia é proporcionarlle ao alumnado os fundamentos teóricos e as competencias prácticas que lle permitan analizar, deseñar, desenvolver e depurar aplicacións informáticas seguindo o paradigma orientado a obxectos. Esta é unha materia eminentemente práctica e neste sentido está orientada ao traballo do alumnado na realización dun ou varios proxectos.

Para facilitar o desenvolvemento dos proxectos, na materia, realizarase primeiramente unha moi breve introdución á disciplina de Enxeñaría do Software, conectándoa co paradigma da programación orientada a obxectos (POO) e limitándoa só ás etapas de análise, deseño, implementación e depuración. A continuación analizaranse en detalle os elementos da POO, utilizando elementos e diagramas UML que utilizará o alumnado nos seus desenvolvementos.



Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000