Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (docencia en inglés)
 Materias
  Empresa: Fundamentos de empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Dúas probas que se realizarán ao longo do curso, tanto dos contidos das clases de teoría como de prácticas (20% primeira proba e 40% a segunda proba) . 60 B4
B8
C5
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Terceira proba de avaliación continual onde se examina de todos os contidos da materia desenvolvidos nas clases de teoría e de prácticas. 40 B4
B8
C5
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofreceranse dous sistemas de avaliación: avaliación continua (con dúas opcións ) e avaliación global ao final do cuadrimestre. En calquera dos dous sistemas de avaliación,  ésta é individual e todas as competencias da materia quedan avaliadas.

1. Avaliación continua

A avaliación continua constará de tres probas: dous probas intermedias desenvolvidas ao longo do período de clases e a terceira na data oficial da convocatoria ordinaria.  As probas intermedias non liberan materia, senón que cada unha delas versará sobre os contidos vistos ata o momento de realización da proba, tanto en clases de teoría coma de prácticas. Para o cálculo da calificación final a primeira  proba pesa un 20%, a segunda e a terceira proba pesan cada uhna delas un 40%. 

As datas das probas se planificarán na Comisión Académica de Grado e estarán dispoñibles ao principio do cuadrimestre. As probas non son recuperables é dicir, se un alumno/a non as realiza no día estipulado o profesorado non ten a obriga de repetirllas (a non ser que exista una causa de forza maior). Considerarase que o alumnado optou pola avaliación continua cando participa na segunda proba.

2. Avaliación global

Ao alumnado que non opte pola avaliación continua se lles ofrecerá un procedemento de avaliación global que lle permita acadar a máxima cualificación. Este procedemento consistirá nun exame final que inclúa os contidos desenvolvidos nas clases de teoría e de prácticas.

3. Sobre a convocatoria extraordinaria

Para a convocatoria exraordinaria o alumnado de avaliación continua pode elixir, (comunicandoo por escrito polo menos unha semana antes do exame), se desexa ser re-evaluado completamente sobre a máxima nota posible, ou se se lle segue aplicando o procedemento de avaliación continua (mantendo o 40% da nota final obtida na convocatoria ordinaria e o 60% da nota na convocatoria exraordinaria). Por defecto, ao alumnado se lle gardan os resultados das probas realizadas nese curso.

4. Calificación de Non Presentado

O alumnado se considerará non presentado se, como máximo, participou na primeira proba de avaliación continua. En calquera outro caso, o alumnado se considerará presentado e recibirá a súa nota correspondente.

5. Sobre a convocatoria de fin de carreira

Consistirá nun exame sobre os contidos teóricos e prácticos da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000