Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Teledetección
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos da materia "Teledetección": fundamentos, bases teóricas, aplicacións, etc.
Resérvase para as sesións de grupo grande (A): 1 sesión á semana, 2 horas por sesión.

Con esta metodoloxía trabállanse as competencias C65, C66, D2, e B3.
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo.
Desenvólvense en laboratorios co equipamento adecuado.
Son dúas sesións presenciais de 2 horas cada unha: unha centrada en calibración de sensores (usando LEGO Mindstorm), e outra en termografía por infravermellos (aprendendo a manexar cámaras termográficas), para realizar en grupos medianos (B).

Con esta metodoloxía trabállanse as competencias C65, C66, D4, e B4.
Prácticas con apoio das TIC Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo.
Desenvólvense en laboratorios con computadores.
Son cinco sesións de dúas horas cada unha:
1. Fundamentos de RADAR, mediante un xogo de computador deseñado especificamente, "RADAR Technology".
2. Procesamento e interpretación de imaxes satelitais, cun programa de procesamento de imaxes, MultiSpec (abrangue catro sesións).

Con esta metodoloxía trabállanse as competencias B4, B7, B9, D4, e D3.
Traballo tutelado Os estudantes, en grupo, realizan un proxecto de procesamento e simulación de imaxes de teledetección.
O proxecto desenvólvese en grupos de 5 a 7 estudantes.
A interacción co profesoreado será presencial con cinco reunións dunha hora, ocupadas en discusión e seguimento do proxecto.
De ser necesario, proporíanse sesións de tutorización ou seguimento adicionais.

Con esta metodoloxía trabállanse as competencias B4, B7, B9, D4, e D3.
Presentación Exposición por parte do alumnado ante os/as docentes e o resto de estudantes do proxecto realizado en grupos pequenos (C).
Previamente, os/as estudantes deberán enviarlle por correo electrónico ao profesor/a un informe onde se resuman os resultados.
Estes traballos presentaranse como unha actividade de grupo A.

Con esta metodoloxía trabállase a competencia CG9.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e a reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Para esta actividade resérvase unha hora presencial de grupo A, na que se presenta a materia, explícanse as prácticas de laboratorio e informáticas, e o que se espera dos traballos en grupo C.

Con esta metodoloxía trabállanse as competencias C65, C66, e B4.
Resolución de problemas de forma autónoma Tarefa persoal para comprobar a habilidade de observación da terra desde imaxes satelitais

As competencias traballadas son B4 e D3.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000