Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sensores electrónicos avanzados
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Avaliarase o número e a adecuación das fontes bibliográficas e os contidos seleccionados para abordar a temática asignada. A nota final de esta primeira parte do traballo (NTT1: Nota do Traballo Tutelado 1) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Avaliaranse as competencias B3, B4, B9, C63 e D4 (CG3, CG4, CG9, CE63 e CT4). 15 B3
B4
B9
C63
D4
Traballo tutelado Avaliarase o traballo tendo en conta a calidade dos resultados obtidos, da presentación e análise dos mesmos, así como da memoria final entregada. A nota final de esta segunda parte do traballo (NTT2: Nota do Traballo Tutelado 2) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Avaliaranse as competencias B3, B4, B9, C63 e D4 (CG3, CG4, CG9, CE63 e CT4). 35 B3
B4
B9
C63
D4
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudante durante as sesións prácticas. Para iso, terase en conta o traballo de preparación previa, a asistencia e a calidade do traballo desenvolvido. A nota final de prácticas (NFP: Nota Final de Prácticas) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nestas prácticas avaliaranse as competencias B3, B4, B9, C63 e D4 (CG3, CG4, CG9, CE63 e CT4). 30 B3
B4
B9
C63
D4
Aprendizaxe baseado en proxectos Avaliarase o proxecto tendo en conta a calidade dos resultados obtidos, así como da presentación e análise dos mesmos. A nota final de proxecto (NTG: Nota do Proxecto en Grupo) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nesta actividade avaliaranse as competencias B3, B4, B9, C63 e D4 (CG3, CG4, CG9, CE63 e CT4). 20 B3
B4
B9
C63
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Avaliación continua

Seguindo as directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia un sistema de avaliación continua.

Enténdese que os alumnos que asistan con regularidade a clases de teoría (menos dun 10% de ausencia inxustificada ás sesións maxistrais), ou que falten como máximo a 1 sesión de prácticas, ou que falten como máximo a 1 sesión do proxecto en grupo optan pola avaliación continua da materia. A asistencia dos estudantes será rexistrada en cada sesión.

A materia divídese en tres partes: teoría (50%), prácticas (30%) e proxecto (20%). As cualificacións das tarefas avaliables non son recuperables e serán válidas só para o curso académico no que se realizan. A cualificación final dun estudante que escolla esta vía no poderá ser "non presentado".

Calquera das actividades avaliables seguindo avaliación continua non é recuperable, salvo que sexan debidamente xustificadas según os criterios da normativa aprobada polo Claustro da Universidade ol 18 de abril de 2023.

1.a Teoría.

Nas primeiras semanas do curso encargaráselle a cada estudante, individualmente, que realice un traballo tutelado sobre unha temática relacionada coa materia. Para avaliar o traballo dividirase en dúas partes. Na primeira valoraranse as fontes bibliográficas consultadas e os contidos seleccionados para incluir no traballo. Na segunda, terase en conta a calidade da memoria final entregada. O prazo de entrega  será debidamente programado e informado polo profesorado da asignatura. A nota de ambas partes (NTT1 y NTT2) valorarase de 0 a 10. A primeira parte terá un peso do 15% da calificación final e a segunda do 35%. O alumnado que non entregue o traballo final ou non o presente no día indicado terá unha nota NTT2 = 0.

A nota final desta parte será:

NFT (Nota Final de Teoría) = NTT (Nota do Traballo Tutelado).

Para superar a parte de teoría por avaliación continua o alumno terá que obter una nota NFT >= 5 e non ter faltado inxustificadamente a máis dun 10% das sesións maxistrais.

1.b Práctica

Realizaranse 6 sesións de prácticas de 2 horas en grupos de 2 alumnos e unha saída de estudo (sempre e cando sexa posible).

A valoración da parte práctica
farase de maneira individual para cada membro do grupo. Terase en conta
o traballo individual de preparación previa, a asistencia e o traballo
desenvolvido por cada estudante durante as sesións.

Na primeira sesión farase a práctica 1. Valorarase cunha nota (NP1: Nota da Práctica 1) entre 0 e 10 puntos.

Nas restantes sesións farase un traballo práctico relacionado coas maquetas de sensores dispoñibles. Este traballoo será avaliado en función da calidade dos
resultados obtidos, da análise dos mesmos, así como da presentación final realizada. O traballo valorarase cunha nota (NTP: Nota do Traballo de Prácticas) de 0 a
10 puntos.

A saída de estudo valorase cunha nota (NSE: Nota de Saída de Estudo) de 0 a 10 puntos.

A nota final desta parte será a suma ponderada das notas de cada parte:

NFP(Nota Final de Prácticas) = 0,15·NP1 + 0,75·NTP + 0,10·NSE

Para superar a parte de prácticas por avaliación continua o alumno só poderá faltar a 1 sesión, e só se se trata dunha falta debidamente xustificada. En caso contrario NTP = 0.

1.c Proxecto en grupo

Na primeira sesión de titoría en grupo (horas tipo C) presentaranse todas as actividades a realizar e asignarase o proxecto concreto a cada estudante. O profesor seguirá o desenvolvemento do traballo de cada grupo e o traballo individual de cada alumno nas restantes sesión de titoría en grupo (horas tipo C).

O proxecto será avaliado en función da calidade dos resultados obtidos, da presentación e análise dos mesmos, así como da calidade da memoria final realizada. O prazo de entrega da memoria será debidamente programado e informado polo profesorado da materia. O proxecto valorarase cunha nota (NPG: Nota do Proxecto en Grupo) de 0 a 10 puntos.

Para superar esta parte por avaliación continua o estudante non poderá faltar a máis de 1 sesión, e só se se trata dunha falta debidamente xustificada. En caso contrario NPG = 0.

1.d Nota final da materia

Para poder aprobar a materia por avaliación continua será imprescindible:

+ obter unha nota NFT >= 5, e

+ non faltar a máis de 1 sesión de prácticas, e

+ non faltar a máis de 1 sesión do proxecto en grupo.

Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada parte. Na nota final (NF), a nota final de teoría (NFT) terá un peso do 50%, a nota final de prácticas (NFP) do 30% e a nota do proxecto en grupo (NPG) do 20%.

NF = 0,50·NFT + 0,30·NFP + 0,20·NPG

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF >= 5.

Con todo, cando:

+ NFT < 5, ou

+ o alumno faltou a máis de 1 sesión de prácticas, ou

+ faltou a máis de 1 sesión do proxecto en grupo,

a nota final (NF) será: .

NF = min{ 4.9, 0,50·NFT + 0,30·NFP + 0,20·NPG }

2. Avaliación global

Os alumnos que non opten pola avaliación continua poderán presentarse a un exame final que constará dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan na avaliación continua. Así, nas datas establecidas pola dirección da Escola para a realización do exame final, os estudantes que non optasen pola avaliación continua deberán realizar:

+ unha proba teórica ou un traballo teórico tutelado previamente asignado,

+ unha proba práctica,

+ un proxecto previamente asignado.

Para a asignación do traballo teórico tutelado e do proxecto o alumno debe apuntarse previamente con un mínimo de antelación de catro semanas.

2.a Teoría.

2.a.1 Proba teórica ou traballo teórico tutelado

Para superar a parte de teoría, o alumno terá que presentarse a unha proba teórica ou a un traballo teórico tutelado:

+ a proba teórica  constará dunha serie de preguntas tipo test e de desenvolvemento do temario. A nota desta proba (NPT: Nota da Proba Teórica) valorarase de 0 a 10 puntos.

+ para avaliar o traballo teórico tutelado teranse en conta a calidade dos resultados obtidos, da presentación e análise dos mesmos, así como da memoria final entregada. A nota deste traballo (NTT) valorarase de 0 a 10 puntos.

2.a.2 Nota final de teoría

A nota final de teoría (NFT) será:

NFT = NPT (Nota da Proba Teórica) se se fixo a Proba Teórica.

NFT = NTT (Nota do Traballo Tutelado) se se fixo o Traballo Tutelado.

2.b Práctica

Para superar a parte práctica, o/a estudante terá que presentarse a unha proba práctica. Esta proba consistirá na implementación dalgúns dos circuítos tratados nas sesións de prácticas e nunha serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test acerca de devanditos circuítos. A nota desta proba (NPP: Nota da Proba Práctica) valorarase de 0 a 10 puntos.

A nota final de prácticas (NFP) será NFP = NPP (Nota da Proba Práctica).

2.c Proxecto

Para avaliar o proxecto teranse en conta a calidade dos resultados obtidos, así como da presentación e análise dos mesmos. O proxecto valorarase cunha nota (NPG: Nota do Proxecto en Grupo) de 0 a 10 puntos.

2.d Nota final da materia

Para aprobar a materia será imprescindible:

+ obter unha nota NFT >= 5, e

+ NFP >= 5, e

+ NPG >= 5.

Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada parte. Na nota final (NF), a nota final de teoría (NFT) terá un peso do 50%, a nota final de prácticas (NFP) do 30% e a nota do proxecto en grupo (NPG) do 20%.

NF = 0,50·NFT + 0,30·NFP + 0,20·NPG

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF >= 5.

Con todo, cando:

+ NFT < 5, ou

+ NFP < 5, ou

+ NPG < 5,

a nota final (NF) será: .

NF = min{ 4.9, 0,50·NFT + 0,30·NFP + 0,20·NPG }

3. Oportunidade extraordinaria e convocatoria fin de carreira

Estas convocatorias constarán dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan no apartado 2. Terán o mesmo formato ca avaliación global e celebrarase na data que estableza a dirección da Escola. Para a asignación do
traballo teórico e do proxecto o/a estudante debe apuntarse previamente con unha antelación mínima de catro semanas.

Òs/as estudantes que se presenten a unha convocatoria deste tipo conservaráselles a nota que obtivesen en oportunidades anteriores (avaliación continua ou global) nas partes ás que non se presenten. Ademais, neste caso só poderán presentarse a aquelas probas que non superasen en oportunidades anteriores.

O cálculo da nota final da materia realizarase tal e como se explica no apartado 2.

4. Outros

A materia impartirase en castelán e galego, e será avaliada en castelán.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000