Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Procesado de son
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado A avaliación do traballo en equipo realizarase a través da recollida de evidencias e/ou probas de coñecementos durante a súa realización, tanto a nivel de grupo como persoal, a entrega dunha memoria cos resultados e unha presentación e/ou proba de coñecementos sobre o traballo realizado. Na súa valoración terase en conta o traballo realizado e a comprensión dos conceptos a nivel de grupo e a nivel persoal.
A entrega do informe final destes traballos será en torno á semana 13 do cuadrimestre. A data definitiva será comunicada ao alumno ao comezo do mesmo. Para aprobar a materia será necesario obter unha nota mínima no traballo tutelado tal e como se describe no apartado de "Outros comentarios sobre a avaliación".
50 B4
B6
C34
C38
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final onde se lle preguntan ao alumno diversas cuestións de acordo cos contidos impartidos na materia. Non se fará ningunha distinción entre os diversos contidos impartidos, independentemente da metodoloxía empregada (sesións maxistrais, prácticas,...). Para aprobar a materia será necesario obter unha nota mínima no exame tal e como se describe no apartado de "Outros comentarios sobre a avaliación".
50 B4
B6
C34
C38
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O método de avaliación
proposto anteriormente aplicarase aos alumnos que se decidan polo procedemento,
recomendado, de avaliación continua (A.C.). Con obxecto de non prexudicar aos
seus posibles compañeiros de grupo, o alumno terase que decidir nun breve prazo
que lle indicará o profesor, contemplándose a título orientativo as dúas
primeiras semanas de clase do cuadrimestre. Unha vez seleccionado o método
de A.C. o alumno considerarase presentado a efectos da avaliación na primeira oportunidade. No caso de
alumnos que opten por realizar unicamente o exame final, este suporá un
100% da nota. Non obstante, estes alumnos terán que responder a unha serie de
preguntas adicionais relacionadas cos traballos tutelados que demostren
que adquiriron as mesmas competencias que os alumnos que opten por A.C.

En casos excepcionais, tales coma causas
xustificadas de larga duración que impidan o seguimento da A.C ou a realización
de probas esenciais para a avaliación dentro do período previsto, o profesor
valorará se procede permitir ao alumno o cambio de A.C. a avaliación única ou
considerarlle non presentado a efectos de avaliación.

Na  segunda oportunidade de evaluación realizarase
unicamente un exame final, aínda que o alumno que realice a A.C. poderá optar
por manter a nota obtida no traballo tutelado, como se describe máis adiante, en lugar de resolver as
cuestións relacionadas con dito traballo. En convocatoria extraordinaria
(fin de carreira ) procederase de forma análoga ao caso de non seguir
A.C. 

Para aprobar será necesario obter unha nota
final igual ou superior a un 5 (nunha escala de 0 a 10) e unha nota igual ou
superior a un 4 (na mesma escala) tanto no traballo tutelado como no exame
final. A nota individual do traballo tutelado obterase como a suma das notas de
dúas probas individuais (30% da nota do traballo tutelado) e da nota obtida en
conxunto polo grupo (70%), se ben esta última ponderarase en función dos
resultados das avaliacións cruzadas e a valoración do profesor sobre a
contribución do alumno ao traballo en grupo. Normalmente o factor de
ponderación será de 1, reservándose os valores menores a 1 para os alumnos que
entorpezan o funcionamento do grupo ou amosen unha deficiente participación ou
comprensión nas tarefas do traballo tutelado. Así mesmo, o profesor poderá
premiar a aqueles alumnos que destaquen notablemente pola súa contribución ao
traballo do grupo cun factor de ponderación de ata 1.2, especialmente se
xurdiron imprevistos no funcionamento do grupo. 

Se, por causa xustificada, un
alumno non puidese realizar algunha das probas individuais correspondentes ao
traballo tutelado, poderá recuperala respondendo algunha cuestión adicional na
primeira oportunidade de exame final  (ou na segunda de non presentarse
por causa xustificada ao exame).

A nota obtida en conxunto polo grupo (70% da
nota do traballo tutelado) obterase a partir da valoración das entregas
correspondentes ás tarefas asignadas e dunha presentación final realizada polo
conxunto do grupo. A non asistencia, salvo causa xustificada, á devandita
presentación implicará un cero como factor de ponderación. En caso de ausencia
xustificada, o alumno deberá contactar co profesor tan pronto como lle sexa
posible para realizar unha entrevista na que demostre os seus coñecementos
sobre o traballo realizado en conxunto polo grupo.

No caso en que o alumno non teña nota de traballo
tutelado, ou renuncie a ela na segunda oportunidade de exame final, a nota
obtida no grupo de cuestións do exame relativas ao traballo tutelado
considerarase como a nota de traballo tutelado e a nota obtida no grupo de
cuestións restantes como a nota do exame final. A nota final calcularase
como a media ponderada das notas do traballo tutelado (peso 0.5) e do
exame final (peso 0.5). Estes pesos poderíanse modificar según o indicado no plan de continxencias. No caso de que non se alcance unha nota de 4 en ambas
partes (traballo tutelado e exame final) por separado, a nota final será de 4
como máximo.

Os alumnos que se presenten ao exame da segunda oportunidade, tanto vaian por A.C. ou evaluación única, poderán optar antes de iniciar o examen
por manter a nota obtida na primera oportunidade nunha das dúas partes do exame antes mencionadas si fose igual ou superior a 4. Non obstante, deben ser conscientes do peso que esas partes terán posteriormente na súa nota final.

A solución a calquera posible incoherencia,
discrepancia ou diferenza de interpretación que poida xurdir desta guía
docente, así como a calquera erro ou caso non considerado na mesma, tratará de
solucionarse entre o profesor e os alumnos directamente afectados e, de non chegarse a un
acordo, trasladarase a cuestión as instancias superiores competentes.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000