Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Fundamentos de enxeñaría acústica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Valoración dos informes escritos elaborados durante as sesións prácticas na aula informática 4 B3
B5
B6
B9
B11
C34
C37
D3
D4
Prácticas de laboratorio Exame sobre a preparación previa ás prácticas de laboratorio. 6 B3
B5
B6
B9
B11
C34
C37
D3
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito de avaliación, con preguntas breves e problemas referentes aos contidos das sesións maxistrais. 50 B3
B5
B11
C34
C37
Exame de preguntas obxectivas Exame sobre as sesións prácticas na aula informática 16 B3
B5
B6
B11
C34
C37
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame sobre os exercicios de interpretación das prácticas de laboratorio. 24 B3
B5
B6
B11
C34
C37
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación: AVALIACIÓN CONTINUA, que é o método recomendado e ao redor do cal se organizan as actividades docentes e unha opción de AVALIACIÓN ÚNICA, que soamente se recomenda naquelas situacións nas que resulta imposible seguir o sistema recomendado.

AVALIACIÓN CONTINUA

A avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación nesta guía. Óptase pola avaliación continua á firma o documento de compromiso que se ofrecerá ao comezar o traballo nos grupos correspondentes. Unha vez asinado, entenderase que a persoa se presentou á convocatoria e asignaráselle a cualificación que resulte da aplicación do criterio que se detalla a continuación con independencia de que se presente ou non ao exame final.

Tipos e valoración de actividades:

* Probas de resposta curta de sesións maxistrais. Exame na data oficial asignada polo Centro. Valoración individual.

* Prácticas en aulas de informática. A súa avaliación divídese entre os informes escritos, con valoración en grupos flexibeis de dous e as probas de resposta curta, con valoración individual.

* Prácticas de laboratorio. A súa avaliación divídese entre a preparación, con examen o mesmo día da práctica, con valoración en grupo reducido e a interpretación das prácticas, con probas de resposta curta na derradeira sesión, con valoración individual. A asistencia a estas prácticas de laboratorio considérase obrigatoria.

Con valoración en grupo, todos os compoñentes do grupo terán a mesma calificación, sempre e cando a súa aportación nas sesións de asistencia obrigatoria sexa razonablemente similar, de acordo co criterio do profesor.

Co obxecto de garantir que os estudantes adquiren todas as competencias da materia, para aprobar será necesario cumprir conxuntamente estas dúas condicións:

1) Obter unha nota igual ou superior a un 4 (nunha escala de 0 a 10), no conxunto das actividades de cada tipo.

2)  Obter unha nota global, calculada como a suma das puntuacións das actividades ponderadas polo peso correspondiente, igual ou superior a un 5 (nunha escala de 0 a 10).

No caso de se cumprir soamente a condición 2) e non a condición 1), a nota global da asignatura será 4.

As tarefas de avaliación continua non son recuperables, e só son válidas para o curso actual.


AVALIACIÓN ÚNICA

Quen non firme o documento de compromiso será avaliada/ou a través dun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final incluirá os contidos tratados en todas as actividades, de forma que se demostre que adquiriu as mesmas competencias que quen optasen pola avaliación continua.

Tipos e valoración de seccións

* Sesións maxistrais. Valoración individual  (Peso: 50%)

* Prácticas en aulas de informática. Valoración individual  (Peso: 20%)

* Prácticas de laboratorio. Valoración individual  (peso: 30%)

Co obxecto de garantir que os estudantes adquiren todas as competencias da materia, para aprobar será necesario cumprir conxuntamente estas dúas condicións:

1) Obter unha nota igual ou superior a un 4 (nunha escala de 0 a 10), en cada unha das distintas seccións nas que se divide o exame. 

2) Obter unha nota global no exame igual ou superior a un 5 (nunha escala de 0 a 10).


Convocatoria en segunda oportunidade:

Quen fose avaliada/o por Avaliación Continua pode optar entre dúas posibilidades o mesmo día do exame:

* Realizar unha proba das partes examinables por escrito na data oficial asignada polo Centro e ser avaliada/ou segundo o estipulado para o sistema de AVALIACION CONTINUA.

* Ser avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro, segundo o estipulado para o sistema de AVALIACIÓN ÚNICA.

Quen NON fose avaliada/o por Avaliación Continua:

* Será avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. segundo o estipulado para o sistema de AVALIACIÓN ÚNICA.


Convocatoria extraordinaria:

En convocatoria extraordinaria, a/o alumna/o será avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro, segundo o estipulado para o sistema de AVALIACIÓN ÚNICA.

No caso de detección de plaxio en calquera das probas ou traballos, a calificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000