Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Circuítos de microondas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio No caso de avaliación continua, durante a realización das prácticas, o alumno poderá ter unha ou varias probas individuais (ou en grupos pequenos) de cuestións/problemas relacionados có contido desas prácticas, así como ter que realizar montaxes electrónicos. Esta evaluación pode incluir a presentación grupal do traballo realizado.
Tamén no Puntuable 3 poderá ser evaluada esta parte da asignatura, mediante cuestións y/o problemas.
No caso de avaliación única por exame final, tamén poderá ser evaluada esta parte da asignatura, mediante cuestións/problemas y/o montaxes experimentais.
10 B3
B4
B5
B9
C23
C24
C25
D2
D3
D4
Prácticas con apoio das TIC No caso de avaliación continua, durante ou fora do horario presencial das prácticas, o alumno poderá ter unha ou varias probas individuais de cuestións y/ou problemas a resolver con axuda do simulador. Tamén no Puntuable 3 poderá ser avaliada esta parte da materia, de forma similar.
No caso de avaliación única por Exame Final, tamén poderá ser avaliada esta parte da asignatura, mediantes cuestions y/ou problemas a realizar con axuda do simulador.
10 B3
B5
C23
C24
C25
Resolución de problemas e/ou exercicios En Avaliación Continua:
Realizaranse 3 Puntuables, cada un dos cales conterá resolución de problemas. Tamén poderán conter unha parte de cuestións de resposta curta relacionadas con conceptos teóricos ou prácticos da materia.

En Avaliación única en Exame Final:
Este exame constará de resolución de problemas (con ou sen axuda do simulador), ademais de cuestións de resposta curta.

O profesor do grupo A proporcionará apoio aos estudantes para resolver calquera dúbida relacionada con estas probas de avaliación.
80 B3
B4
B5
C23
C24
C25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) No caso de que o alumno opte por Avaliación
Continua (AC):

A planificación das diferentes probas de
avaliación intermedia se aprobará na Comisión Académica do Grao (CAG) e estará
dispoñible ao principio do cuadrimestre. Estas probas non serán
recuperables. 

1. Para que as clases prácticas de
laboratorio e en aula TIC sexan avaliadas, será obrigatorio participar nelas,
realizar a/s proba/s propostas e, de ser o caso, a presentación oral,
individual/en grupo, do traballo proposto nalgunha das probas. A cualificación
global obtida na avaliación das clases prácticas é do 20% da cualificación
total da materia (CTA).

2. O resto da materia será avaliado a través
de 3 Puntuables que contendrán resolución de problemas, ademais de poder conter
cuestións de resposta curta. Estes tres puntuables suman o 80% da CTA.

O Puntuable 1, durará aprox. 40 min., e
correspóndese cun 15% da CTA. 

O Puntuable 2, durará aprox. 1h, e
correspóndese cun 25% da CTA. 

Asúmese que os alumnos que se presentan
ao Puntuable 2 e/ou 3 optan definitivamente por AC. Nese caso a súa cualificación
final non poderá ser Non Presentado.

O Puntuable 3 se realizará coincidindo co
Exame Final dos alumnos que non se acolleron á AC. Este puntuable é o máis
importante, entra todo ou case todo o contido da materia, e correspóndese co
40% da CTA.

B) No caso de que o alumno acóllase a Avaliación
Única (AU), se tendrá en conta únicamente a nota obtida nun Exame Final (100%
CTA). Este exame inclúe resolución de problemas (con ou sen axuda do simulador)
e contestación a preguntas de resposta curta relacionadas con todo o contido
teórico e práctico da materia. Tamén poderá incluír a realización dunha montaxe
experimental. O peso de cada parte da materia na nota deste exame pode diverxer
do indicado para AC.

Segunda Oportunidade:

Nesta convocatoria se presentarán os
estudantes que non superen a materia na Primeira Oportunidade, debendo realizar
un exame das mesmas características que o descrito na opción B.

En particular, os estudantes que na convocatoria
anterior elixiron AC, poderán optar nesta convocatoria por ser avaliados segundo
a opción B (AU) ou A (AC). Neste último caso, se lle tendrán en conta as
cualificacións obtidas na convocatoria anterior: nos Puntuables 1 e 2, e nas
clases prácticas (laboratorio experimental e aula TIC), o que tendrá un peso
conxunto de até o 60% da CTA. Ademais, tendrán que realizar un exame reducido,
que tendrá un peso de até o 40% da CTA. O alumno comunicará por escrito ao
coordinador da materia a súa decisión de optar por unha ou outra forma de avaliación,
con anterioridade á realización do exame.

A convocatoria extraordinaria será avaliada
de forma similar á Segunda Oportunidade.

En caso de detección de plaxio nalgún dos
traballos/probas realizadas, a cualificación final da materia será de suspenso
(0) e os profesores comunicarán á dirección da escola o asunto para que tome as
medidas que considere oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000