Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Circuítos de microondas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Docencia de grupos A: Realizarase a través de clases online (síncronas ou asíncronas).

Docencia de grupos B: A través de clases online (síncronas ou asíncronas), proporcionarase aos alumnos unha descrición/explicación de cada práctica e se resolverán as súas dúbidas, de forma que, xunto á documentación e os ficheiros de apoio (e a licencia do simulador), poidan realizar as prácticas de forma autónoma non presencial.

Docencia de grupos C: Proporcionaranse aos alumnos vídeos demostrativos das prácticas experimentais e documentación de apoio.

Avaliación:

En Avaliación Continua: Mantéñense todos os Puntuables planificados (igual peso e características) que se realizarán de forma online.
As probas de avaliación das clases prácticas (TIC e experimental) poderán ser online ou probas entregables tipo resolución de problemas/cuestiones ou realización de traballos/informes.

En Avaliación Única mediante un Exámen Final, o exame será online (sen cambio nas súas características, coa excepción de que non incluirá unha montaxe circuital).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000