Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas de comunicacións por radio
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Consta do seguemento do alumno que se valorará fundamentalmente a partires da resolución individual das diferentes tarefas (casos/análise de situacións) que se plantexen en clase.

O profesor propocionará apoio aos estudantes.
3 B2
B4
C25
D2
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Avaliación de:
-A preparación e desenvolvemento das prácticas de laboratorio

-Os informes e memorias individuais das prácticas de laboratorio

O profesor proporcionará apoio aos estudantes.
7 B4
C21
C22
C25
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas nas que os estudantes terán que resolver dun xeito individual e autónomo unha serie de exercicios de aplicación dos coñecementos adquiridos no tempo e nas condiciones establecidas polo profesorado.


Dependendo do sistema de avaliación elexido, haberá dúas probas a realizar durante o curso ou xunto á prueba final.
40 B2
B4
C22
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final: consiste nunha proba individual e autónomo para a avaliación das competencias adquiridas polos estudantes. Terán que desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos adquiridos durante o curso. 50 B2
B4
C22
C25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre. Previamente ao exame (á entrada da sesión) o estudante decidirá se se acolle ao sistema de cualificación por avaliación continua ou se decide que a súa avaliación sexa só a do exame final. Antes da realización ou entrega de cada tarefa indicarase a data e
procedemento de revisión das cualificacións obtidas, que serán
públicas nun prazo razoable de tempo

1. AVALIACIÓN CONTINUA. A avaliación continua consta das tarefas que se detallan nesta guía e non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten obrigación de repetirllas. A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen. O sistema de avaliación continua consiste en: a) Dúas sesións de resolución de exercicios e cuestións; b) Entrega na última semana de clases dunha memoria das prácticas de medidas ás que asistise o estudante así como do prácticas TIC propostas; c) Seguimento do alumno fundamentalmente a través da entrega de todas aquelas tarefas que se expoñan en clase (entregables); d) Exame final. A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grado (CAG) e estará a disposición dos estudantes ao comezo de cuadrimestre.

2. AVALIACIÓN FINAL DE CUADRIMESTRE. Haberá un exame final que farán todos os estudantes.

3. FÓRMULA DE CUALIFICACIÓN

PEC=nota obtida polas probas de avaliación continua ata 10 puntos.

E1=nota da parte obrigatoria do exame final ata 10 puntos.

PM=nota obtida pola asistencia a prácticas e execución e calidade das memorias ata 10 puntos.

S=nota de seguimento do alumno, ata 10 puntos.

Avaliación continua: 

    Se PEC < 4 puntos, Nota = PEC

    Se PEC >= 4 puntos, Nota = 0.5 x E1 + 0.4 x PEC + 0.07 x PM + 0.03 x S

Non Avaliación continua

                      Nota = E1

4. RECUPERACION NA SEGUNDA OPORTUNIDADE. Previamente ao exame (á entrada da sesión) o estudante decidirá se se acolle ao sistema de cualificación por avaliación continua cos puntos que obtivese no período ordinario ou se decide que a súa avaliación sexa só a do exame final. O sistema de avaliación e fórmula de cualificación serán os mesmos que para a convocatoria ordinaria.

5. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA. A súa avaliación será só a de exame final.

6. ESTUDANTES PRESENTADOS Á MATERIA. Considerarase presentado a todo estudante que reciba calquera dos dous exames finais ou os enunciados das dúas probas de avaliación continua.

7. En caso de detección de copia en calquera
das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación
final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para
os efectos oportunos

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000