Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas electrónicos para comunicacións dixitais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudante sobre os contidos de tódalas prácticas de laboratorio da materia. A nota final de prácticas (NFP) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. A avaliación das prácticas constará dunha parte común de avaliación do traballo realizado en grupo (sempre que fose posible formalo), na que a cualificación de cada compoñente será a mesma, e dunha parte de avaliación individual de cada estudante, obtida a partir das tarefas de traballo previo e de cuestións personalizadas en cada unha das sesións. 20 B13
C40
Aprendizaxe baseado en proxectos Avaliarase o proxecto tendo en conta os resultados obtidos, a presentación e análise dos mesmos e a calidade da memoria final do proxecto. A nota final de proxecto (NTG) estará comprendida entre 0 e 10. A avaliación do proxecto constará dunha parte común de avaliación do traballo realizado en grupo (sempre que fose posible formalo), na que a cualificación de cada compoñente será a mesma, e dunha parte de avaliación individual de cada estudante, obtida a partir da presentación oral do proxecto desenvolvido. 50 B11
B13
C40
Exame de preguntas obxectivas Avaliaranse os coñecementos adquiridos polo estudante. A nota final de teoría (NFT) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. 15 C40
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliaranse os coñecementos adquiridos polo estudante. A nota final de teoría (NFT) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. 15 C40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 1. Avaliación continua en primeira oportunidade

Seguindo as
directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica,
ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia un sistema de avaliación
continua.

Enténdese que os alumnos que realicen unha proba parcial de teoría ou que asistan a 2 prácticas optan pola avaliación continua da materia.

A
materia divídese en tres partes: teoría (30%), práctica (20%) e
proxecto (50%). As cualificacións das tarefas avaliables non son
recuperables e serán válidas só para o curso académico no que se
realicen.

1.a Teoría

Realizaranse
2 probas parciais de teoría (PT) debidamente programadas ao longo do
curso. A primeira proba realizarase no horario de teoría. A
planificación das probas intermedias aprobarase nunha Comisión Académica
do Grao (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre. A
segunda proba realizarase o mesmo día que o exame final que se celebrará
nas datas que estableza a CAG.

Cada proba parcial constará dunha
serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test que se valorará de 0
a 10. Para superar a parte de teoría será necesario obter polo menos un
4 sobre 10 en cada unha delas. A nota final de teoría (NFT) será a
media das notas de cada parcial:

NFT= (PT1 + PT2) / 2.

As
probas non son recuperables,é dicir, que si un alumno non pode asistir o
día en que estean programadas o profesor non ten obrigación de
repetilas.

Se se obtivo
menos dun 4 sobre 10 na primeira proba parcial, o alumno poderá
recuperar dita parte o mesmo día da segunda proba parcial de teoría.

1.b Práctica

Realizaranse
4 sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupo, sempre que sexa posible. A parte práctica cualificarase
mediante a avaliación continua de tódalas prácticas. Os profesores terán
en conta o traballo previo dos estudantes para preparar as tarefas
propostas e o traballo no laboratorio, así como o comportamento do
estudante no posto.

Cada práctica terá varios apartados e
valorarase de 0 a 10, de maneira que a realización de tódolos apartados
suporá a consecución da máxima nota da práctica (NP). Para superar a parte de prácticas o
alumno non poderá faltar a máis de 1 sesión. A nota final de prácticas
(NFP) será a media aritmética das notas das 4 prácticas.

NFP= (NP1 + NP2 + NP3 + NP4) / 4.

1.c Proxecto

Na
primeira reunión de grupo reducido (horas tipo C) presentaranse as
actividades a realizar e asignaranse os proxectos a cada grupo, sempre que sexa posible formalos. O seguimento do traballo do estudante
para a realización do proxecto levarase a cabo nas 3 sesións de
prácticas restantes (horas tipo B) e as sesións de grupo reducido (horas
tipo C).

Para avaliar o proxecto teranse en conta os resultados
obtidos,a presentación e análise dos mesmos e a calidade da memoria
final do proxecto. O proxecto valorarase de 0 a 10 e para superar dita
parte a nota final de proxecto, ou nota de traballo en grupo (NTG), terá
que ser de polo menos un 4 sobre 10 e o alumno non poderá faltar a máis
de 1 sesión.

1.d Nota final da materia

Na
nota final (NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 30 %, a nota de
prácticas (NFP) do 20% e a nota de proxecto (NTG) do 50%. Para aprobar a
materia será imprescindible superar a parte de teoría, a parte práctica
e a parte de proxecto. Neste caso a cualificación final será a suma
ponderada das notas de cada parte:

NF= 0,3·NFT + 0,2·NFP + 0,5·NTG.

No
caso de non ter superado algunha das partes (NFT < 4 ou NTG < 4),
ou de non haber acadado o mínimo de 4 puntos en cada unha das probas
parciais de teoría, ou de faltar a máis de 1 sesión de prácticas ou a
máis de 1 sesión das actividades orientadas a grupos reducidos, a nota
final será a suma ponderada multiplicada por un factor de axuste de
3,5/7.

NF= (0,3·NFT + 0,2·NFP + 0,5·NTG)·3,5/7.

Para aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na nota final (NF >= 5).

2. Avaliación única en primeira oportunidade

Os
alumnos que non opten pola avaliación continua poderán presentarse a un
exame final que constará dunha serie de actividades de avaliación
similares ás que se contemplan na avaliación continua. Así, nas datas
establecidas pola CAG para a realización do exame final, os estudantes
que non opten pola avaliación continua deberán realizar unha proba
teórica e unha proba práctica. Para
poder presentarse ao exame final por avaliación única, o
estudante deberá poñerse en contacto co profesorado polo
menos dúas semanas antes. Ademais deberán realizar previamente un
proxecto teórico-práctico individual e entregar a memoria correspondente
o mesmo día do exame final de teoría. O proxecto final deberá
presentarse na semana seguinte á entrega das memorias. Para a asignación de proxecto o alumno deberá poñerse en contacto co profesorado con suficiente antelación.

O
exame teórico constará dunha serie de preguntas de resposta curta e/ou
tipo test que se valorará de 0 a 10. A nota final de teoría (NFT) será a
cualificación obtida.

O exame práctico consistirá na resolución
de exercicios prácticos no laboratorio, similares aos realizados nas
prácticas durante o cuadrimestre. A proba práctica valorarase de 0 a 10
e a nota final de
prácticas (NFP) será a cualificación obtida.

Para avaliar o
proxecto teranse en conta a presentación dos resultados obtidos e a
calidade da memoria final do proxecto. A parte de proxecto valorarase de
0 a 10 e a nota final de proxecto (NTG) será a cualificación obtida.

Para
aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo de 4 puntos sobre
10 en cada unha das partes. Neste caso a cualificación final será a
suma ponderada das notas de cada parte:

NF= 0,3·NFT + 0,2·NFP + 0,5·NTG.

No
caso de non ter superado algunha das partes (NFT < 4 ou NFP < 4
ou NTG < 4), a nota final será a suma ponderada multiplicada por un
factor de axuste de 3,5/7.

NF= (0,3·NFT + 0,2·NFP + 0,5·NTG)·3,5/7.

Para aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na nota final (NF >= 5).

3. Avaliación en segunda oportunidade e en convocatorias extraordinarias

A
avaliación en segunda oportunidade e en convocatorias extraordinarias constará dunha serie de actividades
avaliativas similares ás que se contemplan na avaliación continua e que
terá o mesmo formato que a avaliación única. O exame celebrarase nas datas que estableza a CAG e consistirá
nunha proba teórica, unha proba de laboratorio e a presentación dun
proxecto. Para poder presentarse ao exame final en segunda oportunidade e en convocatorias extraordinarias, os estudantes que non se presentaron á avaliación en primeira oportunidade deberán poñerse en contacto co profesorado con alo menos dúas semanas de antelación. Para a asignación de proxecto o alumno deberá poñerse en contacto co profesorado con suficiente antelación.

Aos alumnos que
se presenten á avaliación en segunda oportunidade conservaráselles a
nota que obteñan na primeira oportunidade (avaliación continua ou única)
nas partes ás que non se presenten. O cálculo da nota final da materia
realizarase tal e como se explica no apartado 2.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000