Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Deseño microelectrónico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Cada grupo deberá entregar o deseño que levou a cabo no seu proxecto no formato da ferramenta de deseño de circuítos integrados utilizada. Para superar a materia, o deseño deberá cumprir as regras tecnolóxicas e axustarse ás especificacións esixidas. Ademais, cada grupo deberá entregar un informe detallado do proxecto, con indicación expresa da contribución de cada un dos integrantes ao conxunto, así como da metodoloxía que seguiron para a repartición e coordinación das tarefas. En base a devandita repartición de tarefas, poderase asignar unha nota individual.
A avaliación dos traballos basearase nunha lista de items que se dará a coñecer previamente.
O informe deberá entregarse na data indicada na planificación da materia e será de polo menos dous días antes da presentación pública do mesmo. Para superar a materia, será necesario obter polo menos unha cualificación de 5 sobre 10 no proxecto (deseño e informe).
Nestes proxectos avaliaranse as competencias C43, B6, B9, B13 e D4.
25 B6
B9
B13
C43
D4
Presentación Deberáse realizar unha exposición pública individual da parte do proxecto que levou a cabo cada integrante do grupo (incluíndo as tarefas de planificación ou coordinación se procede). As presentacións levaranse a cabo na última sesión presencial do devandito grupo, de 1 hora de duración. O tempo da exposición individual será de 5 minutos. Ao final das presentacións, o alumnado someterase ás preguntas da audiencia (profesorado e resto do estudantado). A asistencia á totalidade da sesión é obrigatoria. A avaliación basearase tanto no contido e os aspectos formais da presentación realizada como nas respostas ás preguntas expostas. Poderase así mesmo valorar positivamente aos asistentes que realicen preguntas pertinentes. A nota obtida na exposición terá unha parte común, que será aquela que corresponda ás tarefas realizadas conxuntamente e unha parte individual na que se terá en conta tanto a defensa do traballo realizado como as intervencións adecuadas que realicen ao finalizar as presentacións dos outros grupos. Para superar a materia, é necesario obter polo menos unha cualificación de 5 sobre 10 na presentación pública.
Nestas presentacións avaliaranse as competencias C43, B6, B9 e D4.
5 B6
B9
C43
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Como parte da avaliación continua, realizaranse dúas probas individuais escritas. A primeira delas de 1 hora (durante unha das sesións maxistrais) correspondente aos contidos das sesións maxistrais ata a data. A proba consistirá nun conxunto de preguntas de resposta curta, cuxo peso na cualificación final da materia será do 20%.
A segunda proba individual escrita realizarase tamén durante unha sesión maxistral ao finalizar os contidos teóricos. O peso desta segunda proba de resposta curta será do 5% na nota final da materia. Realizarase xunto coa proba de problemas e/ou exercicios e terá na súa totalidade unha duración de 1 hora.
Para superar a materia será necesario obter polo menos unha cualificación de 4 sobre 10 en cada unha das dúas probas de resposta curta.
Nestas probas avaliaranse as competencias C42 e C43
25 C42
C43
Resolución de problemas e/ou exercicios Como parte da avaliación continua, realizarase unha proba que consistirá na resolución de problemas e/ou exercicios, cuxo peso na cualificación final da materia será do 15%. Esta proba realizarase xunto coa segunda proba de resposta curta durante unha sesión maxistral ao concluír as sesións de teoría e terá unha duración dunha hora no seu conxunto.
Para superar a materia será necesario obter polo menos unha cualificación de 4 sobre 10 nesta proba.
Nesta proba avaliaranse as competencias C42 e C43.
15 C42
C43
Práctica de laboratorio Todo o alumnado, opte ou non por avaliación continua, deberá realizar a entrega dos arquivos resultado da realización das prácticas. As datas para realizar cada entrega comunicaranse con suficiente antelación. A totalidade destas entregas supoñerá un 10% da cualificación final da materia.
Todo o estudantado, opte ou non por avaliación continua, deberá entregar un informe completo de acordo coas indicacións do profesorado que se baseará nos contidos traballados nas prácticas 1 e 2. Este traballo supoñerá un 10% da cualificación final da materia
Como parte da avaliación continua, na última sesión práctica realizarase unha proba individual, de 1 hora de duración, para a que se utilizará a ferramenta de deseño de circuítos integrados. Na data do exame final realizarase outra proba deste tipo, de 1 hora de duración, para quen non opte pola avaliación continua. A proba de laboratorio supoñerá un 10% da cualificación final da materia.
Para superar a materia será necesario obter polo menos unha cualificación de 4 sobre 10 en cada unha das partes: entrega dos arquivos das prácticas, entrega do informe e proba de laboratorio.
Nesta parte avaliaranse as competencias C43 e B13
30 B13
C43
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

A
planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha
Comisión Académica de Grao ( CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre

Para superar a materia, deberase alcanzar unha cualificación global, resultado da ponderación das distintas avaliacións parciais, de polo menos 5 puntos sobre 10, ademais de alcanzar a puntuación mínima necesaria en cada unha das devanditas avaliacións parciais. A cualificación final para aqueles que non alcancen a puntuación mínima nalgunha delas será o menor valor entre 4.5 e a nota ponderada sobre 10.

Avaliación global:

A avaliación do estudantado que non opte por avaliación continua será como segue:

- As probas individuais finais escritas e de laboratorio supoñerán idénticas porcentaxes da cualificación final que no caso do alumnado que opte por avaliación continua.

- Deberán obrigatoriamente realizar un proxecto, entregar o correspondente informe e realizar a preceptiva presentación pública (nas mesmas sesións e cos mesmos criterios de avaliación que o estudantado que opte por avaliación continua). O informe deberá entregarse polo menos dous días antes da súa presentación pública.

- É indispensable realizar a entrega tanto dos arquivos resultado da realización das prácticas como o informe.

Para superar a materia, o estudantado que non opte pola avaliación continua deberá alcanzar en cada unha das probas e traballos entregados, así como no informe e na presentación pública, as mesmas puntuacións mínimas que o alumnado en avaliación continua.

O límite temporal para renunciar á avaliación continua será dun mes antes da data de finalización do período lectivo do cuadrimestre, acorde ao calendario do centro. O procedemento será enviando un correo ao profesorado da materia solicitando a renuncia á avaliación continua.

Oportunidade extraordinaria e Convocatoria de fin de carreira:

Os requisitos para superar a materia serán os mesmos que na oportunidade ordinaria, en canto ás puntuacións mínimas que se deben acadar. O alumnado que desexe presentarse deberá obrigatoriamente realizar as dúas probas escritas e a de laboratorio. Os informes dos proxectos, o traballo de prácticas e os ficheiros de practicas  deberán entregarse polo menos sete días antes da data da proba.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000