Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Deseño microelectrónico
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Consistirán nunha exposición por parte do profesorado de aspectos relevantes da materia, relacionados con contidos acerca dos cales o estudantado debe realizar un traballo preparatorio previo. O obxectivo é fomentar a participación activa do alumnado, que poderá realizar preguntas ou expor dúbidas durante a sesión. Para unha mellor comprensión de determinados contidos, exporanse exemplos prácticos ou analizaranse casos de estudo. Realizarase un control de asistencia.
Nestas sesións traballaranse as competencias C42 e C43
Prácticas con apoio das TIC O alumnado traballará cunha ferramenta de deseño de circuítos integrados, mediante a cal levará a cabo os pasos máis importantes na definición e comprobación do deseño físico dun circuíto integrado a medida. Realizarase un control de asistencia e aproveitamento de cada sesión.
Software empregado: Electric e LTSpice.
Nestas sesións traballaranse as competencias C43 e B13
Aprendizaxe baseado en proxectos Estableceranse grupos de traballo que levarán a cabo o deseño físico e comprobación dun circuíto composto por compoñentes pasivos e dispositivos activos. Disporase de grupos pequenos (C), que permitirán realizar un seguimento do desenvolvemento dos proxectos. Realizarase un control de asistencia. As actividades a desenvolver nos grupos C son:
- Debate acerca de posibles solucións e alternativas de deseño.
- Análise e seguimento da solución proposta para o proxecto.
- Demostración dos circuítos deseñados no proxecto. Presentación, análise e debate de resultados.
Nestas sesións traballaranse as competencias C43, B6, B9, B13 e D4
Presentación Cada grupo deberá realizar unha presentación pública do proxecto que levou a cabo, e someterse ás preguntas da audiencia (profesorado e alumnado da materia).
Nestas sesións traballaranse as competencias C43, B6, B9 e D4
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000