Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Instrumentación electrónica e sensores
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Os/As estudantes terán ocasión de acudir a titorías personalizadas ou en grupos no horario que se establecerá para ese efecto ao principio do curso e que se publicará na páxina web da materia. Nas ditas titorías atenderanse dúbidas e consultas dos/as estudantes sobre os contidos impartidos nas sesións maxistrais e orientaráselles sobre como tratar o seu estudo.
Prácticas de laboratorio As/Os estudantes terán ocasión de acudir a titorías personalizadas ou en grupos no horario que se establecerá para ese efecto ao principio do curso e que se publicará na páxina web da materia. Nas ditas titorías atenderanse dúbidas e consultas dos/as estudantes sobre o desenvolvemento das prácticas de laboratorio, o manexo da instrumentación, a montaxe de circuítos e as ferramentas de programación.
Traballo tutelado Os estudantes terán ocasión de acudir a titorías personalizadas ou en grupos no horario que se establecerá para ese efecto ao principio do curso, e que se publicará na páxina web da materia. O profesorado atenderá dúbidas e consultas dos/as estudantes sobre o traballo tutelado proposto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000