Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Instrumentación electrónica e sensores
   Plan de Continxencias
 
Descrición
No caso en que a docencia sexa exclusivamente non presencial, entón a planificación consistirá no seguinte:
*A docencia de grupos A, B e C pasará a impartirse a través de aulas do Campus Remoto.
*Nas sesións tipo A desenvolveranse os mesmos contidos descritos na guía. As tarefas nas sesións tipo B tentaranse adaptar, na medida do posible, para poder ser levadas a cabo con simuladores. Nas sesións tipo C os alumnos realizarán un traballo asignado polo profesor.

No caso en que a docencia sexa exclusivamente non presencial, a avaliación realizarase como segue:
*As probas de carácter teórico efectuaranse de forma síncrona en aulas do Campus Remoto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000