Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Instrumentación electrónica e sensores
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2020_21
Materia Instrumentación electrónica e sensores Código V05G301V01316
Titulación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 3 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Tecnoloxía electrónica
Coordinador/a
Mariño Espiñeira, Perfecto
Correo-e pmarino@uvigo.es
Profesorado
Mariño Espiñeira, Perfecto
Pastoriza Santos, Vicente
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral O propósito principal desta materia é formar a/o estudante no deseño e na caracterización dos sistemas de instrumentación electrónica, e as diferentes alternativas de sensores que presentan sinais analóxicos e dixitais á entrada dos devanditos sistemas de instrumentación. En primeiro lugar, preséntanse e desenvólvense os conceptos asociados cos sensores, e o acondicionamento dos sinais xerados. A continuación introdúcense os diferentes tipos de conexións serie e paralelo, a instrumentación programable, e as redes de instrumentación máis relevantes tanto cableadas coma inarámicas.Os contidos principais ordénanse da seguinte forma:
+ Análise dos principais parámetros que caracterizan o comportamento dos sensores.
+ Principios físicos fundamentais que interveñen na comprensión dos diversos tipos de sensores.
+ Aplicacións máis relevantes dos sensores nos diferentes ámbitos da instrumentación electrónica.
+ Arquitecturas da instrumentación electrónica, desde as configuracións máis sinxelas punto a punto, ata as máis complexas en grandes sistemas distribuídos, e introdúcense as normas internacionais.
+ Deseño da instrumentación programable, analizando os buses GPIB, VXI e PXI.
+ Clasificación de arquitecturas para a instrumentación electrónica en diferentes ámbitos de aplicación. Introdúcense as normas de buses de campo tanto cableados coma inarámicos.
Os obxectivos fundamentais da parte práctica da materia son que o alumno/a adquira tanto a capacidade de análise dos parámetros característicos dos sensores integrados nos sistemas de instrumentación electrónica, coma das ferramentas VEE e LabVIEW para un correcto manexo dos buses de instrumentación programable. O alumno/a, ao finalizar a materia, debe coñecer e saber manexar correctamente os instrumentos de laboratorio, debe distinguir e caracterizar os diferentes sensores, e ter habilidades prácticas no deseño de arquitecturas de instrumentación electrónica.

A documentación desta materia estará en castelán. A materia impartirase en galego e en castelán. Avaliarase en castelán.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000