Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas de adquisición de datos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudante sobre os contidos de tódalas prácticas de laboratorio da materia. A nota final de prácticas, NFP, estará comprendida entre 0 e 10 puntos. A avaliación das prácticas constará dunha parte común de avaliación do traballo realizado en grupo, na que a cualificación de cada compoñente será a mesma, e dunha parte de avaliación individual de cada estudante, obtida a partir das tarefas de traballo previo e de cuestións personalizadas en cada unha das sesións. 30 C43
C45
Traballo tutelado Avaliarase o traballo tendo en conta os resultados obtidos, a presentación e análise dos mesmos e a calidade da memoria final do proxecto. A nota final de traballo tutelado, NTT, estará comprendida entre 0 e 10. A avaliación do traballo tutelado constará dunha parte común de avaliación do traballo realizado en grupo, na que a cualificación de cada compoñente será a mesma, e dunha parte de avaliación individual de cada estudante, obtida a partir de cuestións personalizadas. 20 C43
C45
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliaranse os coñecementos adquiridos polo estudante. Para iso realizaranse tres probas parciais de teoría. A nota final de teoría, NFT, estará comprendida entre 0 e 10 puntos. 50 C43
C45
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.Avaliación continua en primeira oportunidade

Seguindo as
directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica,
ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia un sistema de avaliación
continua.

Enténdese que os alumnos que realicen unha proba
parcial de teoría ou que asistan a 2 prácticas optan pola avaliación continua
da materia.

A materia
divídese en tres partes: teoría (50%), práctica (30%) e traballo tutelado
(20%). As cualificacións das tarefas avaliables non son recuperables e serán
válidas só para o curso académico no que se realicen.

1.a Teoría

Realizaranse 3
probas parciais de teoría debidamente programadas ao longo do curso. As tres
probas parciais (PT1, PT2 e PT3) realizaranse no horario de teoría ao finalizar
o tema 4, o tema 5 e o tema 7. O
primeiro parcial comprende os temas do 1 ao 4, o segundo o tema 5 e o terceiro
os temas 6 e 7.

Cada proba
parcial terá unha duración aproximada de 60 minutos e constará dunha serie de
preguntas de resposta curta e/ou tipo test e de resolución de exercicios que se
valorarán de 0 a 10. Para superar a parte de teoría será necesario obter polo
menos un 4 sobre 10 en cada unha delas. A nota final de teoría (NFT) será a
media das notas de cada parcial:

NFT= (PT1 + PT2 +
PT3) / 3

As probas non
son recuperables, é dicir, que si un alumno non pode asistir o día en que estean
programadas o profesor non ten obrigación de repetilas. A nota das probas ás
que falte será de 0.

Se se obtivo
menos dun 4 sobre 10 en algunha das probas parciais, o estudante poderá
recuperar o parcial suspenso o mesmo día do exame final.

1.b Práctica

Realizaranse 7
sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupos de 2 alumnos, sempre
que sexa posible. A primeira sesión de prácticas é obrigatoria pero non se
cualificable. O resto das sesións (prácticas 1 a 6) cualificaranse mediante a
avaliación continua. O profesorado terá en conta as tarefas previas realizadas
por cada estudante e o traballo no laboratorio, así como o comportamento do
estudante no posto. Cada unha das 6 prácticas avaliarase unicamente o día da
práctica.

Cada práctica
terá varios apartados e valorarase de 0 a 10, de maneira que a realización de
tódolos apartados suporá a consecución da máxima nota de práctica (NP). A nota
das prácticas ás que falte será de 0. A nota final de prácticas (NFP) será a
media aritmética das notas das 6 prácticas.

NFP = (NP1 + NP2 +
NP3 + NP4 + NP5 + NP6) / 6

1.c Traballo tutelado

Na primeira
reunión de grupo reducido presentaranse as actividades a realizar e asignaranse
os traballos a cada grupo de 2 alumnos, sempre que sexa posible.

Para avaliar o
proxecto teranse en conta os resultados obtidos, a presentación e análise dos
mesmos e a calidade da memoria final do traballo. O traballo tutelado
valorarase de 0 a 10 puntos (NTT).

1.d Nota final da materia

Na nota final
(NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 50 %, a nota de prácticas (NFP) do
30% e a nota do traballo tutelado (NTT) do 20%. Si se supera a parte de teoría (PT1>=4, PT2>=4, PT3>=4 e NFT>=5), a parte práctica (NFP >= 5) e o traballo tutelado (NTT >=5) a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada parte:

NF = 0,5·NFT +
0,3·NFP + 0,2·NTT.

No caso de non
ter superado a parte de teoría (PT1 < 4, PT2 < 4, PT3 < 4 ou
NFT < 5), a parte práctica (NFP < 5) ou o traballo tutelado (NTT < 5), a nota final será o mínimo de 4 e a suma ponderada:

NF = min{4 ;
(0,5·NFT + 0,3·NFP + 0,2·NTT)}.

Para aprobar a
materia será imprescindible obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na nota final
(NF>=5).

2. Avaliación única en primeira oportunidade

Os alumnos que
non opten pola avaliación continua deberán realizar un exame teórico, un exame práctico e un traballo tutelado. Así, nas datas establecidas pola dirección
da Escola para a realización do exame final, os estudantes que non opten pola
avaliación continua deberán realizar unha proba teórica e unha proba práctica. O traballo tutelado deberá entregarse na mesma data do exame final.

O exame final
de teoría constará de tres partes (PT1, PT2 y PT3) que se corresponden co
primeiro parcial (temas do 1 ao 4), o segundo parcial (tema 5) e o terceiro
parcial (temas 6 e 7). Cada parcial terá una duración aproximada de 60 minutos
e constará dunha serie de preguntas de resposta corta e/ou tipo test e de
resolución de exercicios que se valorarán de 0 a 10. Para superar a parte de
teoría será necesario obter a lo menos un 4 sobre 10 en cada unha de elas. A
nota final de teoría (NFT) será a media das notas de cada parcial:

NFT = (PT1 + PT2 +
PT3) / 3

O exame
práctico consistirá na resolución de exercicios prácticos no laboratorio,
similares aos realizados nas prácticas durante o cuadrimestre. A proba práctica
valorarase de 0 a 10 e a nota final de prácticas (NFP) será a cualificación
obtida. Para poder presentarse ao exame final de prácticas é obrigatorio
poñerse en contacto co profesorado da materia a lo menos dúas semanas antes do
exame. Desta forma facilítase a planificación das quendas de exame de
laboratorio.

Si se supera a parte de teoría (PT1>=4, PT2>=4,
PT3>=4 e NFT>=5), a parte práctica (NFP >=5) e o traballo tutelado (NTT >= 5) a cualificación final será a suma ponderada
das notas de cada parte:

NF = 0,5·NFT +
0,3·NFP + 0,2·NTT.

No caso de non
ter superado a parte de teoría (PT1 < 4, PT2 < 4, PT3 < 4 ou NFT < 5), a parte práctica (NFP < 5) ou o traballo tutelado (NTT < 5) a
nota final será o mínimo de 4 e a suma ponderada:

NF = min{4 ;
(0,5·NFT + 0,3·NFP + 0,2·NTT)}.

Para aprobar a
materia será imprescindible obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na nota final
(NF >= 5).

3. Avaliación en segunda oportunidade e convocatorias extraordinarias

O exame
extraordinario terá o mesmo formato que o exame de avaliación única en primeira oportunidade. O exame extraordinario celebrarase nas datas que estableza a dirección
da Escola e consistirá nunha proba teórica e unha proba de laboratorio. O mesmo día do exame extraordinario entregarase o traballo tutelado asignado con antelación. Para
poder presentarse ao exame de laboratorio é obrigatorio poñerse en contacto
co profesorado da materia a lo menos dúas semanas antes do exame. Desta forma
facilítase a planificación das quendas de exame de laboratorio.



Aos alumnos que se presenten ao exame extraordinario
conservaráselles a nota que obteñan nas avaliacións previas nas partes ás que non se presenten. O cálculo da nota
final da materia realizarase tal e como se explica no apartado 1.d para os alumnos de evaluación continua e no apartado 2 para os alumnos de evaluación única.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000