Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Enxeñaría de equipos electrónicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliaranse os entregables dos problemas e exercicios propostos.
30 B1
B2
B6
C41
C47
Prácticas de laboratorio Evaluaranse os entregables das prácticas de laboratorio propostas. 10 B2
C41
D4
Traballo tutelado Avaliaranse os contidos (Metodoloxía de desenvolvemento, conclusións
obtidas, exposición de resultados, capacidade de traballo en equipo,
capacidade de traballo en equipo multidisciplinar) no traballo en colaboración coa empresa. Tamén se terá en conta a opinión do titor na empresa. No traballo en colaboración con UNE valorarase a calidade do traballo realizado e a capacidade de traballo en equipo.
Nos traballos en grupo a nota do traballo será a mesma para todolos integrantes do grupo.
40 B6
B8
B9
C41
C47
D4
Presentación Evaluarase a exposición de resultados do traballo realizado, así como a capacidade do alumno para responder as preguntas que se lle fagan. 20 B9
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grado (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuatrimestre.



Seguindo as directrices propias da titulación e os acordos da
comisión académica, ofrécese aos alumnos a opción de avaliación continua ou
facer evaluación única na data establecida polo centro.



Os alumnos que elixan avaliación continua deberano comunicar ao profesor
durante as dúas primeiras semanas de clase. A avaliación continua supón:

a) Que
os alumnos realicen os problemas e exercicios propostos polo profesor e entréguenos
en tempo e forma. Valoración máxima 4 puntos. (40% da nota final).
Deberase obter unha nota mínima de 2 puntos. Estas tarefas non serán recuperables posteriormente. 

b) Que os alumnos realicen dous traballos en grupo. Un deles
en colaboración con UNE e alumnos da Facultade de Filoloxía e Tradución, e
outro en colaboración cunha empresa da contorna, a cuxas instalacións irán os alumnos cando sexa necesario. Valoración
máxima 6 puntos (60% da nota final).  Deberase obter unha nota mínima de 3 puntos.

Os alumnos que non superen algún dos dous mínimos esixidos, a cualificación será o valor menor entre a nota media das dúas partes e 4,5.

Nos traballos en grupo, a puntuación do traballo será a mesma para todos os compoñentes do grupo.


A avaliación única, tanto na primeira oportunidade, como na segunda oportunidade, como na convocatoria extraordinaria, supón:



a) Que os alumnos realicen e entreguen o día do exame, os exercicios e
problemas propostos na materia, aos que se refire o apartado a) do
parágrafo anterior. Valoración máxima 4 puntos (40% da nota final). Deberase
obter unha nota mínima de 2 puntos.

b) Que os alumnos realicen un exame de 2h
con preguntas e problemas correspondentes tanto á parte teórica como de laboratorio.
Valoración máxima de 6 puntos (60% da nota final). Deberase
obter unha nota mínima de 3 puntos.

Os alumnos que na avaliación única non superen algún dos dous mínimos esixidos, a cualificación será o valor menor entre a nota media das dúas partes e 4,5.

En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000