Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Enxeñaría de equipos electrónicos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Actividade docente na que se desenvolven problemas e exercicios sobre casos prácticos relacionados coa asignatura. Tamén se utilizarán para poñer de relevo as dúbidas existentes e tamén para a realimentación ao profesorado sobre este aspecto. Actividade individual.

Traballaranse as competencias CG1, CG2, CG6, CE47 e CE41
Prácticas de laboratorio Aprenderase a realizar cálculos de confiabilidade mediante a utilización do software específico para esta aplicación. Actividade individual.

Traballaranse as competencias CG2, CE41 e CT4
Traballo tutelado Consisten na realización de traballos concretos que estean relacionados co contido da asignatura e en colaboración cunha empresa ou entidade externa. Sempre que sexa posible, propoñerase ao alumno a realización de dous traballos un en colaboración con AENOR e outro en colaboración cunha empresa da contorna. Actividade grupal.

Traballaranse as competencias CG6, CG8, CG9, CE41, CE47, e CT4
Estudo de casos Realízanse con grupos dun reducido número de alumnos e utilízanse para o desenvolvemento de traballos en grupo e a aprendizaxe de metodoloxías de traballo en equipo.Actividade grupal.

Traballaranse as competencias CG1, CG2, CE41e CT4.
Lección maxistral Desenvolveranse nos horarios fixados pola dirección do centro. Consisten nunha exposición, por parte do profesor, dos contidos da materia. Tamén se procederá á resolución de exemplos e/ou problemas que ilustren adecuadamente a problemática a tratar. O alumno poderá expoñer todas as dúbidas e preguntas que considere oportuno, durante a sesión. Propiciarase unha participación o máis activa posible do alumno. Actividade grupal.

Traballaranse as competencias CG1, CG2, CG6, CG8, CG9, CE41 e CE47.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000