Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas electrónicos de procesado de sinal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase un exame de respostas curtas sobre os temas teóricos da materia.

No apartado «Outros comentarios» amplíase a información.

Mediante este exame avaliaranse as competencias CE39 e CE45.
20 C39
C45
Proxecto Realizarase un proxectos que consistirá no deseño dun sistema de procesamento de sinal de complexidade media. No apartado "Outros comentarios" amplíase a información.

Mediante este proxecto avaliaranse as competencias CG4, CG6, CG9, CG13, CE39, CE45, CT2 e CT4.
45 B4
B6
B9
B13
C39
C45
D2
D4
Práctica de laboratorio As prácticas de laboratorio avaliaranse en función do traballo realizado de forma continua durante as propias horas de prácticas (horas tipo B) e dun informe final de prácticas. No apartado "Outros comentarios" amplíase a información.

Mediante estas prácticas avaliaranse as competencias CG4, CG6, CG13, CE39, CE45 e CT4.
35 B4
B6
B13
C39
C45
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo
as directrices propias da titulación, aos alumnos que cursen esta materia
ofreceráselles dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación
única.

1.- Avaliación continua



A
avaliación continua consiste nun exame teórico, un conxunto de prácticas de
laboratorio e a realización dun traballo teórico-práctico (proxecto).

1.1 Exame teórico ( NExam):



O
exame teórico incluirá os contidos de todos os temas teóricos da materia e
realizarase ao final do cuadrimestre. O peso deste exame será de 2 puntos sobre
10.

1.2 Prácticas de
laboratorio ( NPrac):



As
prácticas de laboratorio realizaranse en grupos preferiblemente de dous
estudantes. Para a avaliación das prácticas valorarase o traballo realizado no
laboratorio e a entrega dun informe final de prácticas. O peso desta actividade
será de 3,5 punto sobre 10. O traballo no laboratorio valorarase de forma
individual e representará o 60% da nota de prácticas. O 40 % restante
corresponderá á memoria e será a mesma para todos os integrantes do grupo de
prácticas.

1.3 Traballo
teórico-práctico ( NPro):



O
traballo teórico-práctico realizarase en horas tipo  B e  C. Realizarase en grupos de dous ou máis
alumnos. Como resultado do traballo entregarase unha memoria, o sistema
implementado e farase unha presentación dos resultados. O peso desta avaliación
é de 4,5 puntos sobre 10 (4 corresponden á execución e documentación do
proxecto e 0,5 puntos á presentación).



No
traballo teórico-práctico aos alumnos asignaránselles tarefas individuais e
conxuntas. As tarefas individuais terán un peso do 60% da nota do traballo e as
conxuntas o 40%. A nota correspondente ao 40% será a mesma para todos os
integrantes do grupo.

1.4 Cualificación final
(Nota_final):



A
cualificación final da avaliación continua obtense da seguinte forma:



Nota_final
= (0,2* NExam + 0,35* NPrac + 0,45* NPro) se 
Nexam,  NPrac e  NPro son maiores ou iguais a 4 e Nota_final é
maior ou igual a 5;



Nota_final
=  min[(0,2* NExam + 0,35* NPrac + 0,45*
NPro), 4] noutro caso.



O
alumnado que non supere algunha das avaliacións parciais terá a posibilidade de
repetila na segunda oportunidade. Neste caso os alumnos serán avaliados só da/das
parte/s que teñan suspensa/s (exame teórico, prácticas de laboratorio e/ou
proxecto). A nota que obteñan na segunda oportunidade substituirá á anterior.



Enténdese
que o alumno opta por avaliación continua se realiza as dúas primeiras
prácticas de laboratorio, e desde ese momento considérase presentado á
convocatoria. En ningún caso a cualificación final dun alumno que opta por
avaliación continua poderá ser de "Non presentado".

2.- Avaliación única e
convocatoria extraordinaria



Os
alumnos que opten pola avaliación única ou se presenten á convocatoria
extraordinaria deberán superar dous exames, un exame teórico de todos os temas
da materia e un exame práctico.

2.1 Exame teórico (NExam_U):



O
exame teórico poderá incluír preguntas de resposta curta, problemas, e/ou
exercicios de deseño de sistemas.

2.2 Exame práctico (NPra_U):



O
exame práctico consistirá na proba final en hardware dun sistema
que o alumno deberá deseñar e simular previamente de forma autónoma. Unha
semana antes da data que se estableza para o exame o alumno deberá entregar
unha memoria do traballo realizado e os resultados de simulación. Durante o
exame práctico o alumno validará o sistema deseñado no hardware.



Tanto
o exame teórico como o práctico terán un peso do 50% da nota final.

2.3 Cualificación final
(Nota_final_U):



A
cualificación final da avaliación única e da convocatoria extraordinaria
obtense da seguinte forma:



Nota_final_U
= (0,5* NExam_U + 0,5* NPrac_U) se  Nexam_U
e  NPrac_U son maiores ou iguais a 4 e
Nota_final_U é maior ou igual a 5;



Nota_final_U
=  min[(0,5* NExam_U + 0,5* NPrac_U), 4]
noutro caso.



Os
alumnos que opten por avaliación única e non superen a materia terán outra
posibilidade na segunda oportunidade. Neste caso só serán avaliados da/das
parte/s que teñan suspensa (teoría e/ou práctica).

3.- Outros comentarios

  • O alumno poderá responder o
    exame, redactar os seus informes, traballos ou presentacións en castelán,
    galego ou inglés.
  • As notas obtidas na
    avaliación continua ou na avaliación única só son válidas para o curso
    académico actual.
  • Non se permite o uso de
    libros, notas ou dispositivos electrónicos como teléfonos ou computadores en
    ningún exame presencial. Os teléfonos móbiles deben apagarse e estar fora do alcance do
    alumno.
  • En caso de detección de
    plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación final da materia
    será de suspenso (0) e os profesores comunicarán á dirección da escola o asunto
    para que tome as medidas que considere oportunas.
  • En caso de detección de
    plaxio ou abandono dalgún membro dun equipo de traballo, a súa cualificación
    será "suspenso (0)" e non computará na cualificación do resto do
    grupo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000