Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas electrónicos de procesado de sinal
   Plan de Continxencias
 
Descrición
En casos de docencia non presencial todas as actividades docentes realizaranse mediante o servizo “Campus Remoto”, que integra a plataforma FaiTic, e do correo electrónico. Ademais, teranse en conta os seguintes aspectos:

* Lección maxistral (docencia de grupo A):

Os contidos teóricos da materia impartiranse en modo remoto utilizando "Campus Remoto".

* Prácticas de laboratorio e Aprendizaxe baseado en proxectos (docencia de grupos B e C):

As prácticas de laboratorio que non poidan ser realizadas nos laboratorios especializados da Universidade substituiranse por algunha ou varias das seguintes alternativas:
- Prácticas demostrativas nas que os estudantes deben asistir e participar de forma remota.
- Prácticas de simulación que os estudantes deben realizar e entregar informes de resultados.
- Prácticas realizadas con circuítos electrónicos que os estudantes poden montar nas súas casas e entregar un informe de resultados.

Os proxectos poden ser substituído tamén por un traballo teórico e/ou práctico relacionado cos contidos da materia. Neste caso, poderán ser individuais ou en grupos de 2 alumnos en función das súas características e/ou extensión.

* Avaliación:

Manteranse os mesmos criterios de avaliación que en modo presencial.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000