Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Arquitecturas e servizos telemáticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Cada grupo de traballo entregará un deseño preliminar do proxecto e posteriormente o proxecto final da materia. A entrega constará do deseño, implementación e documentación. Despóis da entrega do proxecto realizarase unha proba práctica sobre o proxecto implementado por cada un dos grupos. Esta proba poderá ser individual ou en grupo, incluindo modificacións do proxecto entregado. 30 B4
B6
C32
D2
D3
Presentación Cada grupo de traballo xustificará nunha presentación a solución adoptada no seu proxecto e dará unha explicación sobre este. Realizaranse preguntas a cada membro do grupo de forma individual para comprobar a implicación de cada alumno no proxecto. 5 B4
D2
D3
Práctica de laboratorio Realizarase unha práctica en grupo que demostre a competencia no uso de certas tecnoloxías da materia nunha contorna práctica.Despóis da entrega da práctica realizarase unha proba da mesma. Esta proba poderá ser individual ou en grupo, incluindo modificacións da práctica entregada. 15 B6
C29
Exame de preguntas obxectivas Exame individual, realizado na data indicada no calendario oficial de exames. O exame poderá incluir os seguintes tipos de preguntas: resolución de problemas, cuestións breves para resolver aplicando os conceptos teóricos explicados na clase, xustificar razonadamente se unha ou varias afirmacións son verdadeiras ou falsas, pequenos tests sobre aspectos teóricos e de aplicación. Non se permite a utilización de apuntamentos, libros nin coleccións de problemas. O número e a combinación das devanditas preguntas fixarase para cada exame en particular. 50 B3
C29
C32
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os
estudantes poden decidir ser avaliados en primeira oportunidade segundo un modelo de avaliación continua
ou ben por avaliación única. Todo os alumnos que se apunten nun grupo da parte
práctica están optando pola avaliación continua. Unha vez que os
estudantes opten polo modelo de avaliación continua a súa cualificación non
poderá ser nunca "Non presentado".

A cualificación será a suma de dous resultados: (i) exame da parte teórica (50%) e (ii) parte práctica (50%).

  • Exame da parte teórica: Terá lugar nas datas
    publicadas no calendario oficial. Non se permitirá o uso de ningún material
    adicional.
  • Parte práctica:
    1. Modelo de avaliación continua: Práctica de laboratorio (15%) + presentación (5%) + proxecto: deseño e implementación final (30%). A cualificación será individual.
    2. Modelo de avaliación única: Entrega da práctica e do proxecto.

En segunda oportunidade e convocatoria extraordinaria os estudantes serán avaliados utilizando a
modalidade de "avaliación única" (coas posibles modificacións da práctica e/ou o proxecto que se especifiquen no seu momento).

A planificación das diferentes probas de avaliación continua aprobaranse nunha Comisión Académica de Grao (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre.

Se se detecta plaxio en calquera das probas de avaliación, a cualificación
final da materia será de "suspenso (0)", feito que se lle comunicará á
dirección da escola para adoptar as medidas oportunas.

 

 












Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000