Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Arquitecturas e servizos telemáticos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Clases que combinarán a exposición dos conceptos a tratar na materia coa realización de pequenos exercicios. Estes poderán ser resoltos polo docente ou polos propios alumnos individualmente e/ou en grupo. O obxectivo é fomentar o debate e reforzar a adquisición de destrezas.
COMPETENCIAS: CG3, CE29, CE32
Prácticas con apoio das TIC Utlizaranse as prácticas para o desenvolvemento de pequenos prototipos que permitan materializar os conceptos fundamentais da materia.
COMPETENCIAS: CG4, CG6
Resolución de problemas O profesor suscitará pequenos retos que se resolverán colectivamente para que se poidan debater os conceptos, as diferentes opcións de resolución e que os alumnos adquiran as destrezas obxectivo da materia.
COMPETENCIAS: CG3, CG4.
Aprendizaxe baseado en proxectos Os alumnos, organizados en grupos, desenvolverán unha solución a un sistema software cuns requisitos específicos. O seguimiento do proxecto realizarase utilizando as sesións C.
COMPETENCIAS: CE29, CE32, CT2, CT3
Presentación Cada grupo de traballo xustificará nunha presentación a solución adoptada no seu proxecto e o seu funcionamento.
COMPETENCIAS: CG4, CT2, CT3
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000