Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Arquitecturas e servizos telemáticos
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Arquitecturas e servizos telemáticos Código V05G301V01310
Titulación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 3 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría telemática
Coordinador/a
Mikic Fonte, Fernando Ariel
Correo-e mikic@det.uvigo.es
Profesorado
Mikic Fonte, Fernando Ariel
Web http://moovi.uvigo.es
Descrición xeral Esta materia dedícase ao estudo das distintas solucións arquitectónicas no deseño de servizos telemáticos. Máis especificamente, a materia oriéntase ao estudo das solucións baseadas en servizos, arquitecturas orientadas a servizo, e a articulación deste tipo de solucións coas tecnoloxías que dan soporte aos Servizos Web. Tomando os Servizos Web como base tecnolóxica, trátase a descrición, descubrimento e invocación de servizos nunha arquitectura SOA e RESTful. Finalmente, introdúcense tamén os modelos de composición en arquitecturas SOA e RESTful (outra vez utilizando os Servizos Web como tecnoloxía de soporte).

Esta materia impartirase en castelán e galego.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000