Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Redes multimedia
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Se é preciso que a docencia sexa exclusivamente non presencial, a materia manterá a planificación proposta con algún pequeno axuste. As leccións maxistrais (grupos A) seguirán impartíndose a través do Campus Remoto no horario establecido mentres que as prácticas con apoio das TIC (grupos B) adaptaranse convenientemente para que poidan ser realizadas polos estudantes directamente nos seus computadores persoais en vez de facelas no laboratorio.

En canto á avaliación, manteranse as mesmas probas (exame parcial, proxecto e exame final) coa mesma ponderación. O proxecto de centralita IP será a única proba na que se modificará a forma de avaliar, pois pasará a avaliarse de forma individual mediante a realización dunha serie de tarefas opcionais ao longo do curso e dun cuestionario ao final do cuadrimestre. Os estudantes poderán sumar até un máximo de 1,5 puntos á nota que obteñan no cuestionario (sobre 10 puntos) se realizan satisfactoriamente todas as tarefas opcionais propostas. En todo caso, a cualificación máxima que poderá obterse no proxecto é de 10 puntos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000