Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Seguridade
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2020_21
Materia Seguridade Código V05G301V01305
Titulación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 3 1c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría telemática
Coordinador/a
Fernández Masaguer, Francisco
Correo-e francisco.fernandez@det.uvigo.es
Profesorado
Fernández Masaguer, Francisco
Rodríguez Rubio, Raúl Fernando
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral Nesta materia estúdanse, dun xeito unificado, os principais problemas ou ameazas de seguridade nas redes e servizos telemáticos, e preséntanse distintas técnicas para protexelos.

Primeiro abórdase o tema dende un punto de vista xeral, de forma que os conceptos, servizos e técnicas de seguridade que se estudan, sexan aplicables a calquera tipo de rede, servizo telemático ou sistema de información a securizar. Este bloque fórmano os temas 1 ao 4. Isto leva a tratar con detalle os tres temas centrais da seguridade: a parte algorítmica (cifrado,sinatura dixital e integridade), os protocolos de autenticidade, e os procedementos de xestión e negociación de chaves. O obxectivo é que o alumno adquira unha adoitada base que lle capacite para facilitar a súa comprensión das técnicas particulares que cada aplicación requira asi como para aplicalo a outros ámbitos que teña que afrontar.

Logo trátase o tema dunha forma algo mais particular, revisando os problemas, técnicas e estándares de seguridade nalgúns dos entornos de comunicación de mais prevalencia na actualidade. Asi dedícase un tema á seguridade a nivel IP, protocolo central na arquitectura Internet, e outro tema á seguridade na Web, onde o alumno asimilará os conceptos teóricos e prácticos do protocolo SSL, central para a seguridade das transaccións a través da Web. Dada a utilización cada vez maior das comunicacións por medios sen fios e os seus particulares problemas de seguridade, dedícase tamén un tema a eles. Péchase o curso cunha introducción a outros dous temas de transcendencia crecente: as redes e software malicioso e o análise forense de sistemas da información.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000