Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Arquitectura e tecnoloxía de redes
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Cualificaranse como apto/non apto. O alumno será apto se asiste a todas as sesións deste tipo. Se por algún motivo perdese algunha, deberá suplila realizando algunha práctica complementaria que o profesor definirá no seu momento. 0
Traballo tutelado O proxecto en grupo de carácter práctico en que se verá envolto o alumno determinará unha das notas, T, da nosa avaliación continua. O valor da nota (entre 0-10) dependerá da corrección da solución presentada polo grupo, da presentación/informe que a acompañe, da maior ou menor implicación do alumno no traballo desenvolvido, a das respostas a unha entrevista con cada membro do grupo que servirá para individualizar a nota acadada. 50 B1
B4
B6
C32
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizaranse dous exames escritos: un cara á metade do cuadrimestre (Ep), e unha proba final (Ef). Ambas as probas son de carácter teórico e avalíanse individualmente sobre un máximo de 10 puntos.
Entre ambas, acádase o 50 % da nota definitiva e esixiráselle ao alumno cando menos 3 puntos sobre 10 no exame final para poder superar a materia.
50 C30
C32
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia poderá seguir a canle de avaliación continua ou ben avaliación única. Un alumno elixiría avaliación continua se se presenta ao exame escrito (Ep) que terá lugar cara á metade do cuadrimestre. As porcentaxes expresadas na epígrafe anterior só reflicten o máximo alcanzable en cada tipo de proba na modalidade de avaliación continua; e son só indicativos. A forma de avaliación detallada exprésase a continuación:

Para a avaliación continua, a nota final será a media xeométrica entre a nota do traballo tutelado (T) e a cualificación correspondente ao conxunto de probas de resposta (Y). A nota Y calcúlase como a media aritmética entre a nota do exame final (Ef) e a  nota do exame parcial (Ep). Para poder superar a materia, o alumno debe obter polo menos 3 puntos sobre 10 no valor Ef e asistir a todas as sesións prácticas do laboratorio (a non ser que medien causas xustificadas). No caso de que isto non se cumpra, a nota será o mínimo entre a nota do exame final e 3.

Y = ½×(Ef + Ep)

NOTA FINAL= (T×Y)^½

Os alumnos que non opten por realizar a avaliación continua deberán presentarse a un exame final que constará de tres partes: unha proba teórica análoga á proba final da avaliación continua (Ef), unha proba de aptitude de laboratorio e un traballo práctico individual (T). A nota final, neste caso, é a media xeométrica entre a proba teórica e o traballo práctico, coa condición de que se supere a proba de aptitude. Se o alumno non acada un 3 no Ef ou non supera a proba de aptitude, a nota final será o mínimo entre a nota do exame final e 3.

Finalmente, as probas extraordinarias e a convocatoria de segunda oportunidade (xuño/xullo) terán as mesmas características ca o exame final que acabamos de describir, coa excepción de que os alumnos poderán herdar a nota dunha das partes (Ef ou T) se esta foi superada. A proba de aptitude só será necesaria si non asistiron a todas as sesións de laboratorio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000