Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas operativos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
No caso en que se decida que a docencia sexa exclusivamente non presencial, as clases da materia desenvolveranse de forma similar, pero empregando as plataformas telemáticas proporcionadas pola Universidade.

Impartiranse clases virtuais síncronas semanalmente a través de Campus Remoto, tanto no caso das sesións teóricas como no das prácticas. Neste segundo caso, os alumnos desenvolverán e probarán o software facendo uso dos seus computadores persoais.

Os medios habilitados para a resolución das dúbidas expostas polos alumnos incluirán foros online de consulta e titorías no despacho virtual do profesor.

A avaliación non presencial da materia rexerase polas condicións descritas na guía docente para a modalidade de docencia presencial, incluíndo o mesmo número de probas, idéntica ponderación e cualificacións mínimas. Os exames teóricos e prácticos realizaranse virtualmente, utilizando as plataformas proporcionadas pola Universidade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000