Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Circuítos electrónicos programables
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Traballo práctico de deseño dun sistema dixital aplicando as recomendacións de deseño correcto. 10 B3
B4
B13
C7
C8
C14
C15
D2
D3
Traballo tutelado Traballo práctico de deseño dun sistema dixital complexo mediante o método de deseño sistemático analizado na teoría. 15 B3
B4
B13
C7
C8
C14
C15
D2
D3
Traballo tutelado Traballo práctico de deseño dos circuítos e programas necesarios para implementar un sistema encaixado básico mediante o microprocesador analizado na teoría. 15 B3
B4
B13
C7
C8
C14
C15
D2
D3
Traballo tutelado Traballo práctico de deseño dos circuítos e programas necesarios para implementar un sistema encaixado de complexidade media mediante o microprocesador analizado na teoría. 20 B3
B4
B13
C7
C8
C14
C15
D2
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Este exame incluirá dous tipos de cuestións:
1) Tipo test de resposta múltiple con preguntas sobre os temas de teoría.
2) Problemas de desenho de circuitos e programas e explicación do traballo realizado.
40 B3
B4
C14
C15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A cualificación final expresarase de forma numérica entre 0 e 10.

Ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación global.

Considérase que todos os alumnos están en avaliación continua por defecto.

O estudantado que opte por avaliación global deberá notificalo por escrito ao coordinador da materia no prazo dun mes dende o inicio do cuadrimestre.

As distintas tarefas deben realizarse e/ou entregarse na data especificada polo profesor. Se non é así, non serán cualificadas.

En caso de detección de plaxio en calquera das probas (exames teóricos ou de laboratorio, prácticas de laboratorio, traballo tutelado, etc.) a cualificación final será de suspenso (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro aos efectos oportunos.

A materia componse dunha parte teórica e unha parte de laboratorio, con unha ponderación respectiva do 40% e do 60% da nota total.

A parte teórica consiste nun exame final. Este exame final será igual para todos os alumnos, independentemente de que optasen ou non pola avaliación continua.

O exame será na data do exame final de cuadrimestre que determine a Escola.

AVALIACIÓN CONTINUA (oportunidade ordinaria)

A asistencia a clase de laboratorio é obrigatoria na avaliación continua.

Pódese faltar como máximo a 1 sesión de prácticas sen xustificar.

Se o número de alumnos en algún grupo de laboratorio é suficientemente reducido, os alumnos realizarán as prácticas e os traballos individualmente. En caso contrario, os alumnos realizarán ditas tarefas en grupos de 2 alumnos. Neste último caso, os dous estudantes recibirán a mesma nota.

Recoméndase aos alumnos en avaliación continua asistir ás clases teóricas, pois a experiencia demostra que inflúe de forma determinante na taxa de éxito da avaliación continua.

É obrigatorio entregar todas as probas de avaliación continua na data estipulada polo profesor.Tamén é obrigatorio presentarse ao exame teórico na avaliación continua.

Ningunha das probas é recuperable.

Se non se cumpre algunhas das condicións anteriores, o alumno que estaba en avaliación continua perderá o dereito a ela e estará automaticamente suspenso.

A nota da materia será a suma ponderada das notas correspondentes ás distintas tarefas da materia.

Para poder aprobar a materia, é necesario que:

· A nota do exame de teoría (NT) sexa maior ou igual que 4 sobre 10.

· A nota conxunta de laboratorio (NL) sexa maior ou igual que 4 sobre 10.

· A nota global da materia (NF) sexa maior ou igual que 5.

Anota de laboratorio calcúlase como segue:

NL = (10/6) * (0,10 * TTL1 + 0,15 * TTL2 + 0,15 * TTL3 + 0,20 * TTL4)

sendo:

TTLi = Nota dos traballos prácticos tutelados puntuados sobre 10.

No caso de superar as notas mínimas, a cualificación final (NF) será:

NF = 0,40 * NT + 0,60 * NL

No caso de non superar as notas mínimas (nota de teoría < 4 ou nota conxunta de laboratorio < 4), a cualificación final (NF) será:

NF = mínimo [4,9; (0,40 * NT + 0,60 * NL)]

Os alumnos que aproben a materia mediante avaliación continua non poderán repetir de novo na avaliación global ningunha tarefa (teoría, laboratorio) co obxectivo de subir a nota.

Aos alumnos en avaliación continua que entreguen tódalas probas, se non aproban a materia en avaliación continua, conservaráselles a nota da parte da materia (teoría, laboratorio) na que sacasen o mínimo esixido, só ata a oportunidade extraordinaria dese mesmo curso académico.

AVALIACIÓN GLOBAL (oportunidade ordinaria e extraordinaria) e CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA

Os alumnos que opten pola avaliación global (xa sexa na oportunidade ordinaria ou extraordinaria) ou pola convocatoria de fin de carreira deberán realizar un exame teórico e un exame de laboratorio individualmente.

Para poder realizar o exame do laboratorio, será necesario anotarse previamente, nas datas que se comuniquen aos alumnos através da plataforma Moovi.

A nota da materia será a suma ponderada das notas correspondente sás distintas tarefas da materia.

Para poder aprobar a materia, é necesario que:

· A nota do exame de teoría (ET) sexa maior ou igual que 4 sobre 10.

· A nota do exame de laboratorio (EL) sexa maior ou igual que 4 sobre 10.

· A nota global da materia (NF) sexa maior ou igual que 5.

En caso de superar as distintas probas, a cualificación final (NF) será a suma ponderada das notas de cada proba:

NF = 0,40 * ET + 0,60 * EL

No caso de non superar algunha proba (nota de teoría < 4 ou nota de laboratorio < 4), a cualificación final (NF) será:

NF = mínimo [4,9; (0,40 * ET + 0,60 * EL)]

Exame de teoría

O exame teórico incluirá preguntas de tipo test e problemas prácticos sobre todos os temas que se estudaron na materia. Para obter a máxima nota deberán contestarse correctamente todas as preguntas do exame.

Este exame realizarase no lugar e datas que determine a Escola.

Exame de laboratorio

O exame consistirá no deseño de circuítos en VHDL e programas para o microprocesador utilizado na materia. Estes circuítos e programas poderán formar parte dun periférico complexo ou dun sistema encaixado e terán unha complexidade similar aos deseñados nas prácticas e nos traballos tutelados de laboratorio da materia.

O alumno deberá realizar as simulacións e probas estipuladas no enunciado do exame no tempo asignado.

O profesor pode solicitar que o alumno lle mostre o funcionamento de cada un dos circuítos e programas.

Tódolos apartados deben funcionar perfectamente para obter a máxima nota.

Valorarase a adición de funcionalidade adicional á mínima requirida no enunciado.

É obrigatorio entregar os ficheiros que se indican no enunciado.

De non cumprirse a condición anterior, os apartados correspondentes non serán cualificados.

Avaliarase o correcto funcionamento e a correcta aplicación dos conceptos teóricos aos circuítos e programas realizados durante o exame, dacordo aos mesmos criterios de valoración que se seguen para as prácticas e os traballos tutelados de laboratorio durante a avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000