Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Circuítos electrónicos programables
   Contidos
Tema Subtema
TEMA 1 TEORÍA. ANÁLISE DOS DISTINTOS TIPOS DE CIRCUÍTOS DIXITAIS. Tipos de circuítos dixitais. Características principais.
Sistemas nun Circuíto (SOCs). Tipos. Características.
TEMA 2 TEORÍA. FPGAs. APLICACIÓNS. ARQUITECTURA DA FAMILIA UTILIZADA. Arquitectura xeral de FPGAs. Características.
Análise da familia de FPGAs utilizada na materia.
TEMA 3 TEORÍA. MÉTODOS DE DESEÑO CORRECTOS. DESEÑO SÍNCRONO. Técnicas de deseño de sistemas dixitais. Recomendacións.
Normas de deseño de sistemas secuenciais síncronos.
TEMA 4 TEORÍA. MÉTODOS DE DESEÑO DE SISTEMAS DIXITAIS SÍNCRONOS COMPLEXOS. Estudo dun método de deseño sistemático para este tipo de sistemas.
TEMA 5 TEORÍA. ARQUITECTURA INTERNA DO MICROPROCESADOR UTILIZADO NA MATERIA. Análise da arquitectura interna.
Xogo de instrucións.
TEMA 6 TEORÍA. DESENVOLVEMENTO DE SOFTWARE PARA O MICROPROCESADOR UTILIZADO NA MATERIA. Sintaxe dun programa.
Directivas de compilación.
TEMA 7 TEORÍA. ARQUITECTURA EXTERNA DO MICROPROCESADOR UTILIZADO NA MATERIA. Estrutura externa do microprocesador. Sinais utilizados para E/S.
Conexión de periféricos de E/S.
Interrupcións.
TEMA 8 TEORÍA. DESEÑO DE SISTEMAS ENCAIXADOS. CODESEÑO "HARDWARE / SOFTWARE". Fluxo de codeseño hardware/software.
Particionado.
TEMA 1 LABORATORIO. DESEÑO DUN SISTEMA DIXITAL BÁSICO DE FORMA CORRECTA. Deseño dun sistema dixital mediante VHDL para a sua implementación nunha FPGA, aplicando as recomendacións de deseño correcto.
TEMA 2 LABORATORIO. DESEÑO DUN SISTEMA DIXITAL SÍNCRONO COMPLEXO. Deseño dun sistema dixital complexo mediante VHDL para a sua implementación nunha FPGA, utilizando o método de deseño sistemático analizado en teoría.
TEMA 3 LABORATORIO. DESEÑO DUN SISTEMA ENCAIXADO BÁSICO DE TIPO SOC BASEADO NUNHA FPGA (PSOC). Deseño dos circuítos e desenvolvemento dos programas necesarios para implementar un sistema encaixado básico nunha FPGA, utilizando o microprocesador analizado en teoría.
TEMA 4 LABORATORIO. DESEÑO DUN SISTEMA ENCAIXADO DE COMPLEXIDADE MEDIA. Deseño dos circuítos e desenvolvemento dos programas necesarios para implementar un sistema encaixado de complexidade media, combinando o sistema básico desenvolvido anteriormente con circuítos e programas adicionais que o alumno debe desenvolver.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000