Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Servizos de internet
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Nas primeiras clases introduciranse as actividades para realizar ao longo da materia, tanto nas sesións maxistrais, como nas clases prácticas.
Lección maxistral Ao longo das sesións maxistrais da materia introduciranse os contidos principais da materia mediante presentacións.

Durante as sesións maxistrais promoveranse as competencias CT2, CT3 e CT4.

O exame sobre a parte teórica avaliará as competencias CG3, CG4, CG6, CE11, CE18.
Prácticas con apoio das TIC A materia tamén requirirá o desenvolvemento e a entrega de tres prácticas que se realizarán individualmente. As aplicacións a que se desenvolverán nestas prácticas realizaranse mediante linguaxes utilizadas nos servizos de Internet: Javascript, PHP, Java, etc.

Estas probas prácticas avaliarán as competencias CG3, CG4, CG6, CG9, CE11, CE18 e promoverán as competencias CT2, CT3 e CT4.
Foros de discusión Durante a impartición da materia discutiranse temas relacionados cos conceptos vistos na clase nos foros da materia.

Este foro promoverá as competencias CG3, CG6, CT2, CT3 e CT4.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000