Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Fundamentos de son e imaxe
   Plan de Continxencias
 
Descrición


A planificación da asignatura realízase de forma PREVENTIVA máis que REACTIVA, pensando que o impacto dun novo estado de alarma impida o desenvolvemento normal da docencia presencial. En todo caso, manterase dispoñible na páxina web da asignatura TODA a información actualizada e todo o material docente tanto teórico como práctico para que calquera alumno poida seguir a asignatura online independentemente de que se declare un estado de alarma. Deste xeito no caso de que un profesor ou un alumno deba manter cuarentena a nivel particular, a asignatura non se vería afectada.

Toda a información relativa ao curso da docencia presencial/en liña e incidencias manterase actualizada na páxina da asignatura a través da plataforma de teledocencia.

Os test de avaliación continua e o seguimiento dos proxectos tutelados e a entrega de informe realizarase en liña independientemente de si a docencia é presencial ou remota.

En canto ás probas presenciais, EN TODO CASO prepararanse e de forma PREVENTIVA probas en liña para utilizalas en caso necesario, xa que é posible que algún alumno ou profesor poida estar en período de cuarentena pero con posibilidade de realizar o exame. EN caso de ser necesaria a activación do protocolo de proba en liña, o profesorado publicará o protocolo de actuación na páxina de teledocencia da asignatura con suficiente antelación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000