Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Tecnoloxía electrónica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Forman parte de cada exame parcial de teoría. O número de probas e normas detállanse en 'Outros comentarios'. 33 C14
C16
Resolución de problemas e/ou exercicios Forman parte de cada exame parcial de teoría. O número de probas e normas detállanse en 'Outros comentarios'. 33 C14
C16
Práctica de laboratorio Realízanse no laboratorio. Consisten no tipo de tarefas realizadas ou preparadas durante as prácticas da materia. As probas prácticas constan de montaxe real de circuítos, realización de medidas sobre os mesmos e preguntas relacionadas con eses circuítos e/ou simulación de circuítos iguais ou similares aos estudados nas prácticas e preguntas relacionadas con esa simulación. 34 B13
B14
C14
C16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Establécese un procedemento de avaliación continua (EC) baseada en exames parciais de teoría e de prácticas de laboratorio, pero o alumnado pode optar alternativamente por unha avaliación global (EG). 

Considérase que o alumnado opta por EC desde o momento en que asiste o primeiro exame parcial, xa sexa de teoría ou de prácticas de laboratorio. O alumnado poderá renunciar á EC e optar pola EG ata a data na que se realice o primeiro exame parcial de prácticas de laboratorio (despóis do primeiro mes lectivo).

1. Avaliación continua:

Os alumnos que opten pola modalidade de EC terán dúas oportunidades de avaliación, a ordinaria e a extraordinaria.

1.1 Oportunidade ordinaria de EC:

A EC divídese nunha parte de teoría (66% de nota final) e outra de prácticas de laboratorio (34% da nota final). A planificación dos diferentes exames publicarase nun calendario compartido e estará dispoñible ao comezo do cuadrimestre . 

  Con relación á parte de teoría: 

  • A parte teórica da materia avalíase mediante tres exames que se realizarán dentro do horario asignado ás aulas lectivas das materias.
  • O peso de cada exame é do 22% da nota final.
  • O estudantado supera esta parte se obtén unha nota maior ou igual a 4 sobre 10 en cada un dos exames.
  • A nota de teoría NT é a media de nota dos tres exames parciais.
  Con relación á parte de prácticas de laboratorio:
  • A parte práctica da materia avalíanse mediante dous exames parciais que se realizan dentro do horario lectivo asignado aos laboratorios.
  • O peso de cada exame é do 17% da nota final.
  • As prácticas de laboratorio teñen carácter obrigatorio. O alumnado debe realizar como mínimo ao 80% das prácticas.
  • Esta parte supérase se se obtén unha nota maior ou igual a 4 sobre 10 en cada un dos exames parciais.
  • A nota de prácticas NP é a media de nota dos dous parciais.
Nota final (NF):

A nota final da avaliación continua obtense da seguinte forma:

NF = (NT*0.66 + NP*0.34) se as notas de todos os parciais de teoría e prácticas son maiores ou iguais a 4 puntos sobre 10 e NF é maior ou igual a 5;

NF = min [(NT*0.66 + NP*0.34), 4.9] noutro caso

Na data do exame final poderanse recuperar os exames parciais suspensos, tanto de teoría como de prácticas, sempre que a suma do peso destes exames non supere o 40% da nota final.

1.2 Oportunidade extraordinaria de EC:

O alumnado que non supere un ou máis dos exames parciais da oportunidade ordinaria pode recuperalos na extraordinaria. 

A cualificación final obtense do mesmo xeito que na oportunidade ordinaria.

2. Avaliación global:

O alumnado que opte por EG terá dúas oportunidades de avaliación, a ordinaria e a extraordinaria. 


En ambos os casos a avaliación consistirá en dous exames, un da parte teórica da materia cun peso de 66% e outro da parte práctica de laboratorio cun peso do 34%.


A nota final da avaliación global obtense da seguinte forma:


NF = (NT*0.66 + NP*0.34) se NT e NP son maiores ou iguais a 4 puntos sobre 10 e NF é maior ou igual a 5;


NF = min [(NT*0.66 + NP*0.34), 4.9] noutro caso

3. Avaliación de fin de carreira:

A avaliación de fin de carreira será igual á descrita para o caso de avaliación global.

Outros comentarios:

  • Calquera outra información/recomendación respecto da organización da materia será publicada na páxina web da materia.
  • Durante os exames os dispositivos electrónicos intelixentes han de estar apagados e fóra do alcance do alumnado.
  • En caso de detección de plaxio en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000